Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar A psicóloga de S.O.S. Adolescentes participa no curso 'Mediación e resolución de conflitos interxerneracionais' de Verín
A psicóloga de S.O.S. Adolescentes participa no curso 'Mediación e resolución de conflitos interxerneracionais' de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 21 Outubro 2011 10:14

O vindeiro 4 de novembro, o salón de actos da Casa da Cultura de Verín acollerá a conferencia 'Pais con fillos adolescentes: contigo aprendín', impartida Ana Isabel Saz Marín, psicóloga e condutora do programa S.O.S. Adolescentes de Cuatro, e enmarcada dentro do curso.  'Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais', organizado polo Centro Asociado da UNED en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín.


Nesta conferencia, que terá lugar de 19.30 a 21 horas, esta psicóloga abordará as relacións entre pais e fillos adolescentes, saber responder aos conflitos, mellorar a comunicación cos fillos e fillas e abordar as situacións que preocupan aos pais e nais como o tempo de lecer, amigos ou estudos.

Ana Isabel Saz Marín, licenciada en Psicoloxía (Clínica e Educativa), posúe formación complementaria en trastornos da infancia e adolescencia, mediación e terapia familiar, modificación da conduta, maltrato, abuso infantil e violencia. Membro da Asociación Madrileña para a Prevención do Maltrato Infantil e da Comisión de Estres Postraumático y Malos Tratos da Sociedade Española para o estudo da Ansiedade e o Estrés. Autora de libros como Sos Adolescentes, Dicionario de Psicoloxía, Anorexia e Bulimia, así como diversos materiais sobre maltrato infantil.

O curso  'Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais', que está dirixido por Tiberio Feliz Murias da Facultade de Educación UNED e coordinado en Ourense por Miguel Guerra Rodríguez, conta con máis de 130 alumnos/as procedentes de toda a xeografía galega e norte de Portugal. Os obxectivo do mesmo, con prazas limitadas por orde de inscrición, son identificar e valorar os factores que inflúen na orixe, desenvolvemento e resolución do conflito; coñecer e valorar estratexias, técnicas e programas para a solución do conflito. Así como, desenvolver as destrezas básicas necesarias para a aplicación de estratexias que faciliten o aprendizaxe de condutas positivas no entorno familiar, escolar e social.

As restantes xornadas previstas no curso “Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais” son as seguintes:

Venres, 11 de novembro de 2011(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 18.30 a 21 horas: conferencia  'Pais e fillos en conflito', a cargo de Javier Urra Portillo, psicólogo, pedagogo, terapeuta e Primeiro Defensor do Menor.

Sábado, 12 de novembro de 2011(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 12 a 14.30 horas: mesa redonda 'Os límites na educación dos/as menores: situación actual e perspectiva de futuro'. Modera: Javier Urra Portillo. Participan: Susana López Abella, secretaria xeral de Familia e Benestar, Fernando Alañón Olmedo, presidente da Audiencia de Ourense, José Manuel Ucha López, fiscal de menores, Fernando Serrulla Rech, médico forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Venres, 18 de novembro de 2011
(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 18.30 a 21 horas: conferencias  'Educación intercultural e negociación de conflitos', a cargo de Américo Nunes Peres, Ciencias da Educación e delegado reitor UTAD-Chaves (Portugal), e 'A música como mellora das relacións interxeracionais', a cargo de Agostinho Diniz Gomes, Ciencias Didácticas Especiais/Expresión Musical e vicedirector Educación Básica UTAD.

Sábado, 19 de novembro de 2011
(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 9 a 11.30 horas: obradoiro  'Marco lexislativo en materia de menores, modelos de familia e acollemento residencial como recurso especializado de protección', a cargo de Sara Salgado Pérez, psicóloga do Centro de Menores de Montealegre.
- De 11.30 a 14 horas: obradoiro  'Comunicación asertiva entre xeracións', a cargo do profesor Tiberio Feliz, Facultade de Educación Social UNED.

Venres, 2 de decembro de 2011(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 16 a 21 horas: obradoiro  'Traballar coas familias desde a escola', a cargo do profesor Tiberio Feliz, Facultade de Educación Social UNED.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28


?>