Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade
Curso de xestión de proxectos de participación xuvenil 'A Xuventude Móvese' PDF Imprimir Correo-e
Venres, 11 Novembro 2011 14:04

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado co apoio do Instituto Português da Juventude, en coordinación co Concello de Verín e a Cámara Municipal de Chaves, organizan este Curso de Xestión de Proxectos de Participación Xuvenil denominado “A Xuventude Móvese”, no marco das accións previstas dentro do proxecto Eurocidade Chaves-Verín, cofinanciado polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP).

Devandito curso terá lugar os días 3, 4, 10 e 11 de decembro -un fin de semana en Chaves e outro en Verín-, de 10 a 14 e de 15.30 a 21.30 horas (horario español), e a súa finalidade é compartir diferentes estratexias prácticas para o traballo coa mocidade a través do programa “Xuventude en Acción”.

O mesmo está realizado cunha metodoloxía dinámica e participativa, para dotar aos participantes de recursos, ferramentas e materiais para impulsar a aprendizaxe non formal dende as súas organizacións, e que o traballo cos mozos e mozas sexa máis áxil e eficaz. Os principais obxectivos son: fomentar o intercambio de experiencias entre colectivos e dinamizadores/as xuvenís da Eurocidade Chaves-Verín, favorecer a cooperación e o traballo en rede entre entidades de Galicia e o Norte de Portugal, facilitar un espazo de encontro para a reflexión en torno á aprendizaxe non formal con mozos e mozas e promover a participación xuvenil a través de proxectos no ámbito do programa “Xuventude en Acción”.

O curso, destinado a 26 participantes -13 procedentes de Galicia e 13 do Norte de Portugal- está dirixido a mozos/as, trabajadores/as e voluntarios/as de organizacións de Galicia e o Norte de Portugal, que estean traballando ou queiran traballar con mozos e mozas a través da aprendizaxe non formal no marco da calidade europea.

Os/As participantes interesados/as deberán enviar por correo electrónico a súa ficha de inscrición, completamente cumprimentada, ao enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , antes do 28 de novembro. Realizarase unha selección dos/as participantes interesados/as, ponderando a súa pertenza a algunha organización (formal ou informal), que traballe con colectivos xuvenís -preferiblemente da Eurocidade Chaves-Verín-, e o seu interese na promoción e realización de novos proxectos europeos de participación xuvenil entre Galicia e o Norte de Portugal -os/as participantes seleccionados/as seralles notificada a súa inscrición definitiva o 30 de novembro-.

Este curso é gratuíto, e inclúe o xantar de cada o día de curso, e un medio de transporte entre Chaves e Verín ao inicio e ao remate de cada xornada.  Á  finalización do mesmo, os/as participantes que asistiran a un mínimo do 80% das horas lectivas, recibirán un diploma acreditativo, recoñecido e asinado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o Instituto Português da Juventude.

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).

 

?>