Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas As asociacións de concellos e empresarios de Portas de Galicia participan na Feira Internacional de Turismo de Interior
As asociacións de concellos e empresarios de Portas de Galicia participan na Feira Internacional de Turismo de Interior PDF Imprimir Correo-e
Venres, 18 Novembro 2011 14:05

Do 24 ao 27 de novembro, a Asociación de concellos das comarcas Monterrei e Conso Frieiras para o plan de competitividade turística e a Asociación de Empresarios de Turismo e Hostalería Portas de Galicia participarán na Feira Internacional de Turismo de Interior (INTUR), que se celebra en Valladolid.

Portas de Galicia, xunto co produto turístico Inverno de Entroido -que se presentará durante a feira, consiste na realización de ofertas aos empresarios de hostalería deste municipios para a tempada invernal-, estarán presente no stand de Turgalicia como coexpositor; así como na mesa de contratación de Intur Negocios, que terá lugar nas mañás do 24 e 25 de novembro, para presentar a turoperadores o produto -a asistencia está restrinxida unicamente a profesionais-

O Plan de Competitividade 'Portas de Galicia' está desenvolvido pola S.X. de Turismo do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia e doce concellos do territorio (Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso), integrados na Asociación de Municipios para o Plan de Competitividade Turísticas das Comarcas de Monterrei e Conso Frieiras, e a Asociación de Empresarios de Turismo e Hostalería Portas de Galicia.

Entre os obxectivos deste plan están a busca de especialización tanto no destino como no produto, deseñar unha oferta capaz de introducir a experiencia turística como elemento motivador do viaxe, así como a búsqueda da mellora da competitividade das PEMES e MPEMES turísticas para lograr a sostenibilidade do territorio.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>