Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Concurso 'Busca do patrimonio na Biblioteca'
Concurso 'Busca do patrimonio na Biblioteca' PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 11 Xaneiro 2012 14:27

Coa finalidade de divulgar o coñecemento da riqueza patrimonial da nosa comarca entre o público infantil e xuvenil, a Biblioteca Pública Municipal de Verín, grazas a participación do historiador e escritor Bruno Rúa, promove o concurso 'Búsca do patrimonio na Biblioteca'.

Neste concurso poderán participar nenos/as e mozos/as da comarca de Verín ou do municipio de Chaves, con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos, ambos inclusive. A inscrición será individual, podendo ser acompañado por pai/nai ou outra persoa maior de idade, a persoa que se inscribe deberá presentar ou enviar á Biblioteca os seguintes datos: nome, apelidos, DNI ou Bilhete de Identidade, enderezo, teléfono, correo electrónico -se o ten-, e concello no que está empadroado (o empadroamento servirá para que os organizadores contrasten que a súa idade lle permite concursar).

O obxectivo do concurso é que a persoa que participa consiga fotografarse en sete lugares do patrimonio comarcal (dando así a coñecer a nosa riqueza patrimonial e cultural). Para descubrir cada un dos sete espazos, daráselle unha pista (imaxe ou un texto íntegro dun libro da sección Local da Biblioteca). A pista será a mesma para todos/as os/as participantes. Cada vez que resolva unha das pistas, daráselle ao concursante  unha nova, até o total de sete. O/a gañador/a do concurso será o/a que consiga fotografarse con todas as pistas primeiro.

O concurso comezará o 16 de xaneiro, estando o prazo de inscrición aberto ata o 31 do mesmo mes. O prazo de tempo para resolver as pistas será ata o 9 de abril, se a chegada desta data non se conseguirán resolver os sete espazos, declararase vencedor/a ao/a concursante que máis pistas teña resolto. O premio ao gañador/a consistirá na entrega de material deportivo da Selección Española de Fútbol, R.C. Deportivo de La Coruña, Lugo C.F., Celta de Vigo, Verín C.F. ou Monterrei C.F. , repartindo entre os/as participantes, ata agotar o mesmo, comezando polo vencedor.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>