Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Unha ONG de Nicaragua difunde en Galicia os proxectos do Fondo Galego de Cooperación
Unha ONG de Nicaragua difunde en Galicia os proxectos do Fondo Galego de Cooperación PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 25 Xaneiro 2012 14:30

Unha delegación da ONGD nicaraguana INPRHU-Somoto percorrerá Galicia esta semana para dar a coñecer  os proxectos realizados co apoio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Os Concellos de Vigo, Gondomar, Tomiño, Oleiros, Ferrol, A Coruña, Monforte, Sarria e a Deputación de Lugo, todas elas Administracións socias do Fondo Galego, recibirán a partir de mañá mércores a representantes do Instituto de Promoción Humana.

Trátase dunha das Visitas ao Norte que se organizan para visibilizar as iniciativas cofinanciadas no Sur, pero tamén para sensibilizar á cidadanía sobre os desequilibrios da sociedade internacional. Os parceiros que se achegan a Galicia imparten charlas en centros educativos, reúnense con asociacións dos municipios e  informan ás e aos representantes políticos, nun exercicio de transparencia e intercambio.

Nesta ocasión, visítanos o enxeñeiro agrónomo Armando Rodríguez Portillo, director do Centro de novas tecnoloxías aplicadas ao trópico seco do INPRHU-Somoto, e coordinador do seu Programa de desenvolvemento rural. Canda el vén a traballadora social Marta Beatriz Álvarez Cáceres, coordinadora do Centro de Educación Alternativa Rural Telpochcalli. Ambos os dous visitarán diversos Concellos e Deputacións entre o 25 e o 27 de xaneiro, para pechar a axenda o sábado 28 cunha intervención nos ‘Encontros: Institucións Locais e Solidariedade’ que se celebran co PSdeG no Parlamento de Galicia.

Na actualidade, o Fondo Galego apoia en Nicaragua a construción de vivendas para familias indíxenas, que leva aparellada a mellora da salubridade e a capacitación en agroecoloxía e autoconstrución. Con este son xa once proxectos de cooperación directa co INPRHU-Somoto, promovendo o círculo de desenvolvemento sostible no departamento de Madriz, aos que se suman outros 12 subvencionados a ONGD galegas que traballan no país centroamericano.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>