Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Concurso de 'Curtas no Móbil' a través da aula CeMIT de Verín
Concurso de 'Curtas no Móbil' a través da aula CeMIT de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 25 Xaneiro 2012 14:32

A Xunta de Galicia promove o concurso “Curtas no Móbil” destinado a fomentar o traballo en equipo entre o alumnado dos centros participantes, o uso da lingua galega nas novas tecnoloxías, dar a coñecer a creatividade audiovisual na poboación estudantil e utilizar as aulas CeMIT como un espazo para a creación e para a comunicación.

Este concurso, do que tamén forma parte a aula CeMIT do Concello de Verín, está destinado a persoas matriculadas na ESO ou Bacharelato da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha idade comprendida entre 14 e 20 anos (ambas as dúas inclusive), e que dispoñan dunha aula CeMIT no seu municipio ou arredores. No mesmo poderase participar tanto individualmente como por grupos dun máximo de 5 persoas (para fomentar o traballo en equipo). Ademais, cada centro educativo inscribirá ao número de grupos ou persoas participantes que considere adecuado, coa única limitación dunha única curta por equipo-grupo (cada equipo designará un titor que forme parte do persoal docente do centro educativo).

As características xerais das micromovies presentadas deben ser as seguintes:
- Non poderá superar os 2 minutos de duración e utilizarase como lingua vehicular o galego.
-A temática versará sobre as funcionalidades que ofrece a rede de aulas CeMIT como referente no acceso e na formación no uso das novas tecnoloxías así como das vantaxes das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e o seu impacto na vida cotiá das persoas.
-A súa realización será exclusivamente mediante a cámara do teléfono móbil podendo logo, si se desexa, editarse con ferramentas externas.
- As micromovies deben ser orixinais, incluídos os títulos de crédito se os houbese, e gravados na máxima resolución e calidade posibles.
-O formato das obras pode ser 3GP, 3GPP, MP4, MPG, SMV, FLV, SWF, AVI, MOV.
- Cada participante individual ou grupo soamente poderá presentar unha única curta, non admitíndose micromovies derivadas doutra micromovie presentada. Ademais será obrigatorio que estas sexan producidas dentro do prazo de validez deste concurso.

Os centros educativos de Verín interesados en participar deben realizar a súa inscrición, antes do 29 de febreiro, nas instalacións da Biblioteca Municipal do Concello de Verín.

Os premios aos que optarán os/as participantes serán os seguintes:
- A nivel provincial: O centro educativo gañador será obsequiado cunha cámara dixital compacta Casio EXILIM ZOOM EX-Z16 - 12.1 Mpix - zoom óptico: 3 x - memoria soportada: SD, SDHC. Mentres que o equipo gañador a nivel provincial recibirá ata un máximo de 5 Ipod Nano 8GB, que poderán ser distribuídos a criterio do seu titor no caso de que o grupo estea formado por un número superior de integrantes
- A nivel autonómico: Entregaranse aos centros educativos gañadores un 1º premio (Netbook Acer Aspire One D255-2DQKK) e 2º premio (una videocámara Toshiba Camileo SX).

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>