Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Semana da Paz remata con música e literatura
A Semana da Paz remata con música e literatura PDF Imprimir Correo-e
Venres, 03 Febreiro 2012 13:08

A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá, ás 19 horas, unha gala músico-literaria, coa que rematan os actos celebrados en diversos centros da localidade con motivo da Semana da Paz e de Castelao.

No acto intervirán alumnos e profesores do Conservatorio Elemental de Música de Verín, do IES Xesús Taboada Chivite, do CEIP Amaro Refojo e do Curso de Español que o CDR Portas Abertas está impartindo na Casa da Xuventude de Verín.

Está prevista a interpretación de diversos temas instrumentais, en actuacións individuais (Sofía Vivián Álvarez, Preludio nº 1  de  X. S. Bach), de dúos (Nicanor Domínguez Cid e José Manuel Salgado Rodríguez, Lela de A. R. Castelao e Rosendo Mato Hermida) ou de colectivos (Grupo Instrumental do Conservatorio: Balada Galega, Brasil, Para Vigo me voy, Amazing Grace. Temas  de bandas sonoras de películas, como Si yo fuera rico (El violinista en el tejado), El ciclo sin fin ”El rey león”, ou Por una cabeza, tango interpretado por Gardel, recollido en Esencia de mujer e La lista de Schindler, serán interpretados polo Grupo de Metais Percutidos do IES Xesús Taboada Chivite. Mentres que o Coro do Conservatorio Elemental de Música de Verín cantará Imagine de John Lennon e Vejam ben de Zeca Afonso.

Na compoñente literaria do acto, un grupo de alumnos de 6º de Primaria do CEIP Amaro Refojo, composto por Ana Manso, Hugo Rodríguez, Alba Sanín, Alfonso Seoane, Iago Vasallo, Carlos Rodríguez, Antonio Carlos Lima, Rafael Douglas Pereira, Miguel Gómez, Jonatan Fernández e Xurxo Gómez, declamarán o conto anónimo Brodek, o dragón do día e da noite, e, baixo o título Escoitar!, unha colección de sentencias sobre o papel da infancia na sociedade. Un grupo de alumnos do Curso de Español do CDR Portas Abertas en Verín, formado por Sonia Aparecida Scloltz Correa, Yudania Santiago Almanzar, Natalia de Paula, Josefina Fernández Ramos e Ronivaldo Conceiçâo Nunes, farán unha lectura dramatizada do conto xaponés anónimo Las lágrimas del dragón.

A Gala músico-literaria pola Paz na Semana de Castelao rematará coa interpretación conxunta do Himno á Alegría de L.V. Beethoven polo Coro e o Conxunto Instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>