Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Prestación económica de pagamento único por fillas/as menores 3 anos para o 2012
Prestación económica de pagamento único por fillas/as menores 3 anos para o 2012 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 21 Febreiro 2012 12:29

Desde Servizos Sociais do Concello de Verín infórmase da publicación das bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2012.


Os requisitos da mesma son: nacidos entre o 2 de xaneiro de 2009 o 1 de xaneiro de 2012 (ambos inclusive), que durante o 2010 ningún membro da unidade familiar estivera obrigado a presentar a declaración da renda nin que o fixeran de xeito voluntario.

A documentación básica a aportar é o certificado de empadroamento da unidade familiar, fotocopia do libro de familia ou certificado de nacemento, fotocopia de cartilla de aforros; e en caso de separación, nulidade ou divorcio, copia da sentencia. Con respecto a solicitantes anteriores, se a situación continúa a ser a mesma, só é necesario entregar o Anexo I (asinado), mentres que se existen variacións persoais, xurídicas ou económicas deberán entregar toda a documentación anterior. O prazo de solicitude remata o 23 de marzo de 2012.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Servizos Sociais, situada na Casa da Xuventude (Avda. de Portugal, 11), de 9.30 a 13 horas.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>