Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A conselleira de Traballo e Benestar entrega os diplomas ao alumnado da Escola-Obradoiro San Antón
A conselleira de Traballo e Benestar entrega os diplomas ao alumnado da Escola-Obradoiro San Antón PDF Imprimir Correo-e
Martes, 28 Febreiro 2012 14:32

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato Otero, a directora xeral de Promoción do Emprego, Amparo González Méndez, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez González, acudiron esta mañá a Verín para entregarlles os diplomas aos/ás 22 alumnos/as da Escola-Obradoiro San Antón.

A Escola-Obradoiro San Antón, realizada durante o ano 2011, tivo por obxecto a formación de 22 mozos/as, con idades comprendidas entre os 16 a 25 anos, nas áreas de carpintería e xardinería. A través da mesma, conxugouse a formación ocupacional coa práctica profesional, traballo en obra real, coa finalidade de capacitar aos/ás alumnos/as para o desempeño axeitado do oficio aprendido e lograr un maior acceso ao mundo laboral. “Trátase dunha experiencia educativa e laboral que permitiu non só propiciar a vosa formación senón tamén impulsar a adquisición de experiencia, profesionalización e a realización, grazas a voso traballo, de actuacións relacionadas coa recuperación ou promoción do patrimonio, rehabilitación de contornos urbanos ou do ambiente, e recuperación e acondicionamento de infraestruturas de titularidade pública destinadas a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”, subliñou o rexedor verinense Juan Manuel Jiménez Morán.

A actuación da Escola-Obradoiro San Antón permitiu a rehabilitación e adecuación de catro áreas recreativas axardinadas en Fonte do Sapo, Tamagos, Ábedes e o paseo do río Támega, mediante a realización de novas zonas verde e de lecer, e instalación de xogos biosaudables para persoas maiores nas dúas últimas. Con todo, esta iniciativa tamén facilitou a obtención da titulación de Educación Secundaria Obrigatoria aos/ás alumnos/as participantes que non o posuíran.  “Constitúen catro instalacións recreativas realizadas por unhas persoas que con obradoiros como este, que supuxo unha inversión próxima aos 300.000 euros por parte da Xunta de Galicia, tiveron a oportunidade de formarse e ter máis posibilidades de acceder ao mercado laboral”, asegurou Beatriz Mato Otero. Ademais engadiu que “é unha boa fórmula, froito da colaboración cos Concellos, na que Verín acertadamente apostou pola mocidade, o sector máis afectado polo desemprego en Galicia e España, e que ten por obxecto mellorar a empregabilidade das persoas, a través de actuacións formativas, que realmente sirvan para que as persoas melloren a súa cualificación e demostren unha experiencia no mercado laboral”.

Por outra banda, o alcalde de Verín aproveitou a súa intervención para agradecerlle á titular de Traballo e Benestar a concesión deste obradoiro e para solicitarlle “cando as necesidades orzamentarias o permitan, contemple para Verín a posibilidade de creación dun Centro de Día para mellorar a atención das persoas maiores, para procurar a permanencia no seu medio e evitando ou atrasando un posible ingreso en residencia; xa que Verín é a localidade con máis poboación despois da capital da provincia, que supera as 4.000 persoas maiores de 60 anos representando o 27,23 % da poboación total do Concello, un porcentaxe máis alto que a media provincial, autonómica e nacional”.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>