Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A CECICN organiza o primeiro Congreso das fronteiras europeas: cooperación intelixente
A CECICN organiza o primeiro Congreso das fronteiras europeas: cooperación intelixente PDF Imprimir Correo-e
Venres, 04 Maio 2012 13:12

O próximo 25 e 26 de xuño celebrarase na Coruña o primeiro congreso europeo de fronteiras, denominado “Congreso das fronteiras europeas: cooperación intelixente”, que estará organizado pola CECICN (Conferencia de Redes Europeas Transfronteirizas e Interregionales de Cidades). Este evento ten lugar nun momento no que se están discutindo as regras de xogo tanto políticas como financeiras para o próximo período de programación 2014-2020. Esta discusión prodúcese nun momento especialmente difícil, tanto para a Península Ibérica como para o propio proceso de construción europea.

  O contexto de crise actual está a provocar que a construción da Europa social e dos cidadáns que impulsou Jacques Delors estea a ser substituída pola Europa dos rescates, os mercados e os recortes. É por isto que os territorios de fronteira xóganse agora o seu futuro entre impulsar unha saída da crise, que recupere o espírito da construción Europea, ou someterse a decisións puramente economicistas que non terán en conta as particularidades inherentes a todo territorio de fronteira.

 Ante esta situación, a CECICN, entidade na que se integra o Eixo Atlántico, elaborou ao longo do último ano un documento estratéxico sobre cooperación territorial, destinado ás Institucións comunitarias e Autoridades nacionais e rexionais. Neste texto, denominado “Documento Estratéxico sobre a Cooperación Intelixente”, deféndense as propostas para integrar no próximo período de programación, en materia de cooperación territorial. O documento, pode descargarse en inglés na seguinte ligazón e estará dispoñible en portugués e español o próximo mes de maio.

 Participación dos asistentes

Durante a celebración do congreso considerarase da maior importancia poder contar coas achegas e reflexións dos asistentes, especialmente nos debates que se manterán nos workshops, que se deseñaron, precisamente, para dar marxe e oportunidade a que todos os que manifesten as súas posicións. Estas serán posteriormente remitidas ás Institucións europeas e dirixentes políticos. Para poder asistir débese formalizar a inscrición cubrindo o formulario online nesta ligazón.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>