Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Diversos actos celebrarán o Día das Letras Galegas en Verín
Diversos actos celebrarán o Día das Letras Galegas en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 11 Maio 2012 13:04

Unha conferencia sobre a vida e a obra de Valentín Paz Andrade, escritor homenaxeado na efeméride, unha gala músico-literaria  e unha exposición serán os actos que se celebren en Verín con motivo do Día das Letras Galegas fóra do ámbito estritamente educativo.

O mércores día 16, Xan Carballa, xornalista e ensaísta, autor, entre outras, das obras Valentín Paz-Andrade. Antoloxía e Biografía de Valentín Paz-Andrade, será o protagonista dunha charla-conferencia que acollerá a Casa da Cultura ás 19 horas, organizada polo Concello de Verín coa colaboración da Editorial Galaxia.

O xoves 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 18 horas, celebrarase na Casa da Cultura de Verín a Gala Músico-Literaria das Letras Galegas, con recitado dos poemas gañadores do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, lectura dos  traballos gañadores do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e actuacións de música galega do Coro e do Conxunto Instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín. No acto, que organiza o Concello de Verín, colabora Supermercados Gadis.  No Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez participan alumnos dos centros de ensino da comarca de Verín dos niveis de Primaria (5º ou 6ª), 1º ciclo de ESO e 2º ciclo de ESO. Os centros participantes seleccionan, en cada un dos tres niveis nos que se pode competir en cada premio, tres traballos para a fase final. Todos os autores dos traballos seleccionados como finalistas reciben un lote de libros e os clasificados en primeiro, segundo e terceiro lugar premios en metálico por importe de 90, 60 e 30 euros, respectivamente. Os traballos, orixinais, inéditos, con temática e estilo libre e escritos en galego, non superarán unha extensión de 24 versos para competir no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez; nin de 2 DIN A4 escritos por unha cara, con tipo Times New Roman de corpo 12, e marxes estándar e a un espazo e medio de interliñado, se concorren ao  Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez

As actividades que se organizan en Verín fóra do ámbito estritamente educativo con motivo do Día das Letras Galegas rematarán o día 8 de xuño. Desde o venres día 18 até ese día permanecerá aberta na Casa do Escudo a exposición MMQmmr, con obras realizadas por alumnado do departamento de Debuxo do IES Xesús Taboada Chivite. A exposición poderase visitar de luns a sábado das 17 ás 20.30 horas, e ofrece horarios alternativos para grupos e visitas con cita previa.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>