Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Eurocidade Chaves-Verín acollerá os seminarios “Motivación Emprendedora” e “Avaliación de Ideas Empresariais”
A Eurocidade Chaves-Verín acollerá os seminarios “Motivación Emprendedora” e “Avaliación de Ideas Empresariais” PDF Imprimir Correo-e
Venres, 18 Maio 2012 12:55

Durante os meses de maio e xuño, a Eurocidade Chaves-Verín acollerá a realización dos seminarios gratuítos “Motivación Emprendedora” e “Avaliación de Ideas Empresariais”, organizados por BIC Galicia e o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín, e cofinanciados polo Fondo Social Europeo.


O “Seminario de motivación emprendedora” terá lugar o vindeiro 31 de maio, de 18 a 21 horas, e os obxectivos principais do “Seminario de motivación emprendedora” son: fomentar o espírito emprendedor, ver o autoemprego coma unha opción máis, expoñer unhas nocións básicas do proxecto empresarial, romper co mito da definición do concepto de empresario, explicar con que recursos e ferramentas pódese contar desde BIC Galicia. Este seminario, impartido por persoal técnico de BIC Galicia, está asentado no programa do emprendedor, idea de negocio e posta en funcionamento do mesmo e dirixido a persoas pre-emprendedores/as.

Mentres que o seminario “Avaliación de Ideas Empresariais: xeración e maduración de ideas” efectuarase os días 12, 20 e 26 de xuño, de 16 a 21 horas, na Casa da Xuventude. Os obxectivos do mesmo, dirixido a emprendedores/as e cunha duración de 15 horas, son xerar ideas, madurar ideas para convertelas en ideas empresariais ou de negocio e realizar á viabilidade do proxecto e do seu potencial como proxecto de empresa. Este seminario, tamén impartido por persoal técnico de BIC Galicia, constitúe unha ferramenta de formación mixta, que combina tres grandes grupos de actividades, que se corresponden con cada unha das tres sesións nas que se divide o seminario. A partir da análise de 34 fontes de ideas, agrupadas en 6 niveis, os/as asistentes autoxeren un conxunto de ideas de empresa que se agruparán no seu Banco de ideas para a súa validación posterior. A partir das ideas xeradas ou previas, realizaranse un conxunto de actividades co obxecto de transformar algunha delas en ideas empresariais.Por último, os asistentes recibirán e utilizarán una metodoloxía de avaliación co obxecto de obter a información necesaria para unha valoración cualitativa da súa idea de negocio.

Para participar en ambos seminarios é necesario inscribirse na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Verín (situada no primeiro piso do Concello de Verín). Para o “Seminario de motivación emprendedora” este proceso de inscrición debe realizarse antes do 25 de maio, e para o de “Avaliación de Ideas empresariales: xeración e maduración de ideas” finaliza o 4 de xuño. Os/as cidadáns/as lusos/as interesados/as en participar nestes seminarios poden realizar a súa inscrición no seguinte enderezo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>