Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Plan especial de ordenación de liñas eléctricas e traslado da subestación en Verín
Plan especial de ordenación de liñas eléctricas e traslado da subestación en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Xuño 2012 13:07

O Concello de Verín elaborou un Plan Especial de Ordenación de Liñas Eléctricas,  co obxecto de reconfigurar a rede eléctrica da zona así coma a optimización do reparto de cargas en aras de facilitar o desenvolvemento urbanístico previsto neste Concello, e consecuentemente garantir a seguridade da cidadanía fronte as instalacións existentes, ademais de garantir unha axeitada calidade de subministro.

Esta medida derívase da existencia de liñas eléctricas aéreas en zonas residenciais ou próximas, debido á necesidade de subministro de enerxía eléctrica e crecemento vexetativo da zona, que obrigan ao Concello a acondicionar o seu modelo territorial e considerar necesario a súa integración na trama urbana e no territorio, en aras de evitar os problemas derivados dun desenvolvemento urbanístico inmediato, e que conlevará un aumento da demanda de enerxía eléctrica.

Este Concello coma responsable do Plan Especial de Ordenación De Liñas Eléctricas (en virtude das previsións contidas no planeamento municipal, en tramitación, e das competencias urbanísticas establecidas na Lei 9/2002, do 30 de decembro, do Solo e Urbanismo de Galicia, artigo 108, todo elo, en coherencia co artigo 5 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do Sector Eléctrico, no que se regula a coordinación das instalacións eléctricas coa planificación urbanística), púxose en contacto con Unión Fenosa Distribución, S.A. para trasladarlle o alcance do presente Plan Especial, do que deriva a necesidade de variación do tendido das liñas anteriormente mencionadas, o obxecto de que remitisen unha valoración económica das actuacións necesarias para a súa consecución. Tras negociacións coa empresa distribuidora, quen a súa vez manifestou interese na consecución deste Plan Especial por canto o mesmo lle supón unha ocasión de mellorar as súas instalacións eléctricas, este Concello solicitará á Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria, a realización dun convenio de colaboración para unha subvención destinada ao desenvolvemento deste plan que permita a ordenación de liñas eléctricas do municipio co obxecto de facilitar o desenvolvemento urbanístico previsto, garantir a calidade de subministro e a seguridade cidadá. Unha actuación que será a primeira fase do traslado total da subestación de Unión Fenosa, situada na avenida de Portugal de Verín, cara a inminente ampliación do Polígono Industrial de Pazos.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>