Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Conferencia-coloquio 'Trastornos da conduta alimentaria. Anorexia e bulimia nerviosa. Coñecelos, previlos, tratalos ' en Verín
Conferencia-coloquio 'Trastornos da conduta alimentaria. Anorexia e bulimia nerviosa. Coñecelos, previlos, tratalos ' en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 22 Xuño 2012 13:20

O salón de actos da Casa de Cultura de Verín acolle o martes 26 de xuño, ás 20 horas, a conferencia-coloquio  'Trastornos da conduta alimentaria. Anorexia e bulimia nerviosa. Coñecelos, previlos, tratalos' de Jesús Pérez Hornero, psicólogo clínico e especialista da Unidade de Desordes da Alimentación do CHUS.

Na mesma, organizada polo Concello de Verín e o Foro La Región, abordaranse trastornos de conduta alimentaria, como anorexia ou bulimia, nos que se traballa na Unidade de Desordes de Alimentación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela -unidade de referencia para toda Galicia-. Ademais analizaranse as posibles causas, o desenvolvemento dun caso concreto, como se pasa dunha preocupación "normal e común" polo aspecto físico a un trastorno mental; así como a súa prevención, sinais de alerta, detección na casa e convivencia cun familiar enfermo.

A conferencia-coloquio 'Trastornos da conduta alimentaria. Anorexia e bulimia nerviosa. Coñecelos, previlos, tratalos' será presentada polo rexedor Juan Manuel Jiménez Morán, e está dirixida a toda a poboación -ademais os/as asistentes contarán cun servizo de ludoteca para os/as seus/súas fillos/as-.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>