A campaña ‘Ponlle as pilas ao teu bocata’ en Verín |
![]() |
![]() |
![]() |
Xoves, 28 Xuño 2012 12:53 |
Un centenar de nenos/as da Ludoteca Municipal participarán o martes 03 de xullo, de 11 a 13.30 horas, na campaña ‘Ponlle as pilas ao teu bocata’, organizada pola Xunta de Galicia, e á que o Concello de Verín adheriuse co obxecto de fomentar os hábitos saudables.
A campaña ‘Ponlle as pilas ao teu bocata’ pretende fomentar os beneficios das conservas de peixes e mariscos entre os/as menores participantes, a través de xogos lúdico-educativos, preparación dos seus propios bocadillos con conservas e explicación da procedencia dos produtos do mar e a súa clasificación, así como as posibilidades que ofrecen no ámbito alimenticio. |
Casa da Xuventude de Verín Avda. de Portugal, 11 bis |
Horario: de Luns a Venres de 9:00 a 14:00 |
Tlno. 988.41.47.76 Liñas de Móbil 608.52.01.97 608.52.01.98 Fax 988.41.22.59 |