Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Recepción aos xogadores do EDC Verín Infantil, vencedores da Copa Deputación
Recepción aos xogadores do EDC Verín Infantil, vencedores da Copa Deputación PDF Imprimir Correo-e
Martes, 03 Xullo 2012 12:37

O salón de plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha recepción aos xogadores do EDC Verín, na categoría infantil, vencedores da última edición da Copa Deputación, na que derrotaron ao Pabellón Promesas de Ourense na quenda de penaltis.

No acto participaron o rexedor do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, acompañado do primeiro tenente de alcalde, Enrique Díaz García, e o concelleiro de Deportes, Víctor Baladrón Lamas. Durante o mesmo agradecéuselles aos rapaces e adestradores a consecución deste trofeo, recordóuselles a importancia do deporte na súa formación académica e persoal, e entregóuselles unhas imaxes conmemorativas do equipo.

A final da Copa Deputación tivo lugar o pasado sábado, no campo de A Moreira (Xinzo de Limia), e o enfrontamento entre o EDC Verín Infantil e o Pabellón Promesas  -gañador da Liga Infantil e ascendido a Liga Galega na súa categoría- finalizou con empate a un, obrigando a quenda de penaltis, onde os xogadores verinenses obtiveron a vitoria por 3-2.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>