Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Conclúen os proxectos do Fondo Galego para construír vivendas en Nicaragua e Cabo Verde
Conclúen os proxectos do Fondo Galego para construír vivendas en Nicaragua e Cabo Verde PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 01 Agosto 2012 07:51

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de pechar o proceso de xustificación dos proxectos iniciados en 2011 para mellorar as condicións de habitabilidade en vilas de Nicaragua e Cabo Verde.

No arquipélago africano, a entidade colaborou coa Cámara Municipal de Paúl para rehabilitar vivendas na localidade de Lombo Comprido. Emprendéronse obras coma a construción de baños e cociñas, reparación de fachadas, drenaxe de augas, empedrado das rúas e recuperación de espazos verdes, amais dunha campaña de sensibilización ambiental. Aínda que nun principio estaba concibido para beneficiar a 17 familias extremadamente pobres, case a metade encabezadas por mulleres, finalmente o proxecto puido ampliarse a 21 casas, catro delas erguidas de raíz.

A través do Fondo Galego, que destinou 2.000 euros este proxecto, o Concello da Coruña achegou 20.000 euros, o de Vigo 15.000 e o de Pontevedra 11.000 euros. A iniciativa mellorará cuestións como a incidencia das enfermidades e a situación das mulleres, que terán máis intimidade e mesmo poderán emprender pequenos negocios. A actuación encádrase no Plan Municipal de Igualdade e Equidade de Xénero que tamén fora apoiado polo Fondo.

Doutra banda, en Nicaragua actuouse en parcería co Instituto de Promoción Humana (Inprhu-Somoto) para contribuír ao seu proceso de desenvolvemento local coa construción de once vivendas. A poboación rural chorotega de San José de Palmira, na municipalidade de Totogalpa, foi a beneficiaria desta actuación cofinanciada polo Fondo Galego con 6.190 euros e polo Concello de Vigo, socio da entidade, con 52.000 euros.

Instaláronse latrinas, cociñas melloradas, paneis solares ou sistemas de captación de auga da chuvia, pero tamén se fomentaron novos hábitos hixiénico-sanitarios para reducir doenzas coma o Mal de Chagas. Ao tempo, formouse as veciñas e veciños en autoconstrución e agricultura orgánica. Este tipo de actuacións tamén desincentivan a emigración e fortalecen a organización das comunidades, á vez que se dinamiza a economía local coa compra de materiais.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>