A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá 10 de agosto, ás 20.30 horas, o recital poético 'Soy lo que estás buscando' da poetisa, dramaturga e actriz Laura Freijo, coa colaboración especial do músico chileno Esteban Matuké.
'Soy lo que estás buscando' é, segundo Laura Freijo, un recital “gamberro pero sensible, tosco pero sentío, irónico e serio, cómplice pero con todos e todas, despegado pero comprometido, poético, aínda que mellor dito, narrado pero apoemado, musical aínda que 'unplugged', con moito amor pero sen apegos...Soy lo que estás buscando/I'm sure/Pero vengo en otro formato”.
Laura Freijo, nativa de Flariz (Monterrei) pero radicada en Barcelona, forma desde o ano 200 parte do colectivo Proyecte Vaca, e é responsable de publicidade, promoción, e relacións públicas da revista de artes escénicas 'Hamlet'. Ademais da súa labor como dramaturga, poetisa e actriz, como autora estreou textos como El rap de Lady M, Como a peix a la gàbia, La Candidata, Perdona la locura, Geminianas o Sóc Bona, entre outros.
|