Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Recital de María del Carmen Rodríguez Rotsita e José Tizado na Casa da Cultura de Verín
Recital de María del Carmen Rodríguez Rotsita e José Tizado na Casa da Cultura de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 13 Agosto 2012 13:29

A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá 14 de agosto, ás 20 horas, o recital poético de María del Carmen Rodríguez Rotsita e o vate pontevedrés José Tizado.

Durante o acto presentarán o libro A través de mis sentimientos do que é autora a poetisa de Atás (Cualedro), mentres que o debuxante vasco Valentín de Urrutia decorará o salón da Casa da Cultura verinense con  debuxos a plumilla de paisaxes e figuras características da nosa comarca, ambientando os poemas escritos por María del Carmen Rodríguez Rotsita.

María del Carmen Rodríguez Rotsita naceu en Atás (Cualedro) hai 55 anos e emigrou aos 18 a localidade de Abadiño (Bizkaia). Xunto cos seus irmáns comezou a escribir poesía dende curta idade, e sobre calquera aspecto da vida cotiá, “sempre escribín todo o que sentía, sobre calquera cousa que me inspirase, ben podían ser as flores do meu balcón, a intrusa curuxa na corte do meu tío Arturo, os paseos polas rúas da miña aldea, o monte Amboto ou as noites de Verín. Calquera cousa me serve para escribir”.  

No libro Antologías editado polo Centro de Estudios Poéticos de Madrid conta con varios poemas de esta autora, que tamén gañou o primeiro premio do concurso de poesía de Durango (Bizkaia) adicado ao maltrato de xénero, e varios certames virtuais de poesía e contos. En decembro de 2011 publicou o seu primeiro libro de poemas A través de mis pensamientos, en edición de autor de 500 exemplares. É unha obra conformada por 110 poemas, na que se plasman os sentimentos da súa vida.

José Tizado é un poeta pontevedrés que emigrou na década dos cincuenta a Arxentina, vivindo corenta anos en Buenos Aires. “Mestre na declamación”, segundo a autora de Atás, o vate chega a Verín pola súa relación de amizade con Mari Carmen Rodríguez, para participar como cicerone na presentación do libro de Rotsita.

Colaborador nas emisoras bonaerense Radio Cultura e Radio Loma, e na galega Radio Caldas, o poeta ten recitado en eventos como o Festival de Poesía do Baixo Miño (Monte Aloia-Tui) ou a Feira do Libro de Vigo. José Tizado ten presentado o seu  libro e CD de poemas e cancións  La noche se quedaba atrás en diversas localidades pontevedresas, con recitais no auditorio de Caldas de Reis, no Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa ou na Casa da Cultura de Amil (Moraña), entre outras localidades.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>