Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas ‘Tour Experiencias Galicia Calidade’ visita Verín
‘Tour Experiencias Galicia Calidade’ visita Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Agosto 2012 13:40

O vindeiro martes 21 de agosto o ‘Tour Experiencias Galicia Calidade’ desprázase ata Verín, co obxecto de amosar a veciños e visitantes os mellores produtos etiquetados coa garantía das marcas galegas máis prestixiosas

Esta actividade itinerante, que se situará na praza Maior de Verín, estará conformada non só por inchábeis infantís senón tamén por sorteos, agasallos e un vehículo dotado dun aula de showcooking -cociña en directo-, na que se programarán tres obradoiros de cociña para un centenar de persoas.

En cada sesión, que será dunha hora e media, participarán 35 persoas que coñecerán in situ, da man dun cociñeiro/a galego/a a elaboración de diferentes pratos elaborados con produtos que teñan o selo de Galicia Calidade.  Devanditos obradoiros serán ás 12.30, 17 e 19 horas, e está aberto a todas as persoas interesadas (maiores de idade), con preferencia a membros de asociacións de mulleres e hostalería da zona.  

Esta iniciativa gastronómica únese a campaña ‘Experiencias Galicia Calidade’, destinada a promoción da marca de garantía de Galicia e das marcas que contan con este distintivo, e que ten lugar a través da web www.experienciasgaliciacalidade.com.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>