Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Máis de 10.000 persoas asisten a VII Feira do Viño de Monterrei
Máis de 10.000 persoas asisten a VII Feira do Viño de Monterrei PDF Imprimir Correo-e
Venres, 17 Agosto 2012 15:08

Durante as dúas xornadas nas que tivo lugar a sétima edición da Feira do Viño de Monterrei máis de 10.000 persoas visitaron as casetas da mesma, situada nesta ocasión na praza da Mercé de Verín.

Unha cifra que superou as expectativas previstas para a mesma, xa que a pesar de que o número de adegas foi inferior ao da anterior edición, no que participaron catorce, só na primeira xornada vendéronse tantos cataviños e degustacións como en todo fin de semana da sexta edición. Unhas ventas e asistencia masiva de veciños e visitantes ao que se suma unha valoración moi positiva do cambio de situación das casetas, desde a praza García Barbón á da Mercé, tanto por parte dos asistentes e adegueiros participantes(Ladairo, Pazos del Rey, Terra do Gargalo, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Mara Martín, Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú e Chicheno), e pola combinación de gastronomía e lecer ao longo das dúas xornadas da feira.

A VII Feira do Viño de Monterrei converteuse nun escaparate gastronómico e musical na comarca, xa que ademais de ser inaugurada por Benigno Campos, do programa Larpeiros da TVG, durante todo o fin de semana, a Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei – AECOM ofertou tapas de produtos típicos da bisbarra nas diferentes casetas da feira, así como menús en nove dos seus restaurantes (Lugano, San Roque, Gallego, O Candil, A Cortiña, Augueiro, Castelo, Brasil e Casa Manola) con prezos que oscilaron entre os 16 e 22 euros. Ademais, na xornada do sábado a praza García Barbón acolleu o Concerto na Eurocidade Chaves-Verín, no que participaron as bandas flavienses The Rogans e Clave, o dúo verinense Rai Salgado & Pablo Sax e o grupo La Guardia, unha das bandas míticas do pop español dos anos 80. E xa o domingo, as prazas da Mercé e do Cigarrón foron testemuñas dos bailes e cánticos do grupo Candaria e o recital-concerto “Despois de ti, a chuvia”, de Emilio Rúa, Xosé Gayoso e Xosé Carlos Caneiro.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>