Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A concelleira de Cultura de Verín entrega os diplomas aos voluntarios da Bibliopiscina
A concelleira de Cultura de Verín entrega os diplomas aos voluntarios da Bibliopiscina PDF Imprimir Correo-e
Venres, 31 Agosto 2012 13:26

O salón de plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá a entrega de diplomas aos/ás voluntarios/as da Bibliopiscina, realizada por María Corona Meixeira Romasanta, concelleira de Cultura e Igualdade, e á que asistiron os doce rapaces/zas participantes nesta iniciativa lúdico-cultura.

Durante o acto, agradeceuselle a súa labor de voluntariado neste servizo, realizado nas piscinas descubertas de A Granxa durante os meses de verán, e déuselles un diploma acreditativo a cada un dos/as mozos/as; que tamén compartirán esta noite unha cea de conviencia, xunto cos/as titores/as, nas propias instalacións da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín.

A Bibliopiscina, organizada por cuarto ano consecutivo pola Biblioteca Pública Municipal de Verín en colaboración coa Eurocidade Chaves-Verín, tivo como obxectivo estender os servizos bibliotecarios aos/ás usuarios/as desta instalación deportiva, potenciar a lectura e atraer á biblioteca a un público que non é usuario habitual, incluíndo a realización de actividades lúdico-culturais, fóra do curso escolar. Este servizo, que estivo aberto un total de 198 horas e formalizou máis de 2.200 préstamos,  ofertou un fondo de máis de 200 volumes en tres idiomas: galego, castelán e portugués -conformado por libros, cómics e revistas, co obxecto de dar servizo a todos/as os/as lectores/as da Eurocidade Chaves-Verín-, así como diferentes xogos de mesa.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>