Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Máis de 200 menores visitan a exposición itinerante ‘Galicia, biodiversidade’
Máis de 200 menores visitan a exposición itinerante ‘Galicia, biodiversidade’ PDF Imprimir Correo-e
Venres, 31 Agosto 2012 13:28

Durante esta última semana, un total de 220 nenos/as visitaron a exposición itinerante 'Galicia, biodiversidade', promovida pola Xunta de Galicia e a Obra Social 'La Caixa'.

Devandita mostra, situada no Centro de Interpretación de Verín, permitiu aos/ás menores de diferentes iniciativas municipais, como Verán Deportivo ou a Ludoteca de Verán , coñecer a diversidade de especies animais e vexetais que se poden atopar en Galicia, os ecosistemas que habitan e as múltiples formas de ameaza que poden afectar as súas poboacións.

Esta exposición gratuíta contou coa presenza dun educador ambiental que impartiu aos /ás asistentes, a importancia e o coidado do entorno, a través de obradoiros, actividades de dinamización e materiais expositivos. Uns paneis que recollen as principais especies galegas de flora e fauna, as súas características, os factores que poñen en perigo a súa supervivencia e as ferramentas que existen hoxe en día para a súa protección; así como a importancia que ten a conservación das variedades xenéticas para a actividade humana, e o incentivar a conciencia sobre a importancia da conservación da biodiversidade próxima e fomentar comportamentos positivos destinados á conservación das especies e dos seus hábitats.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>