Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas 'Los muertos van deprisa' na Casa da Cultura de Verín
'Los muertos van deprisa' na Casa da Cultura de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 24 Setembro 2012 12:38

O xoves día 27 de setembro ás oito da tarde proxectase na Casa da Cultura de Verín a comedia 'Los muertos van deprisa', do guionista e director Ángel de la Cruz, que gañou tres premios Goya, e que é a longametraxe máis premiada do cine galego, con nove premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.

Los muertos van deprisa, segundo o seu director e guionista, é una comedia como as de antes, e, á vez, un novo xénero, o western atlántico, de substrato popular, onde o realismo máxico serve de catalizador duna hilarante trama de personaxes duros por fóra e tenros por dentro, en clave de retranca (ironía tipicamente galega). Esta longametraxe cóntanos a historia de Irene, unha camioneira que acode a buscar marisco a unha aldea da costa galega, pero queda atascada co camión nunha ponte, impedindo o paso ao cemiterio o día no que van enterrar ao patrón maior da confraría de mariscadores. Os vellos enfrontamentos e diferenzas entre uns e outros acentuaranse enredando a, até ese día, tranquila vida da aldea.

Neus Asensi, actriz catalá recoñecida polos seus papeis de muller explosiva en comedias (Torrente. El brazo tonto de la ley, Torrente 2. Misión en Marbella) é a protagonista deste filme. No reparto, Manuel Manquiña,  Xosé Manuel Oliveira “Pico”,  Antonio Durán “Morris” ou Ernesto Chao, entre outros dos actores galegos máis sobresaíntes neste xénero.

A Deputación de A Coruña, na campaña de promoción turística das comarcas de Ferrol-Eume-Ortegal, financia a exhibición deste filme, que conta coa colaboración da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>