Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Traballadoras dos Concellos de Ourense, Malpica e Soutomaior cooperan en Nicaragua e Cabo Verde
Traballadoras dos Concellos de Ourense, Malpica e Soutomaior cooperan en Nicaragua e Cabo Verde PDF Imprimir Correo-e
Martes, 25 Setembro 2012 12:46

Técnicas municipais de Ourense, Malpica de Bergantiños e Soutomaior viaxan esta semana a Nicaragua e Cabo Verde para colaborar con parceiros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Os tres municipios son socios da entidade e, polo tanto, os seus empregados e empregadas poden participar en Vacacións con Traballo, o programa de voluntariado internacional que promove o intercambio de experiencias e o coñecemento directo da realidade dos países do Sur.

A ourensá Lucía González, técnica da Concellería de Termalismo, apoiará a partir deste xoves 27 de setembro o proxecto de desenvolvemento turístico impulsado polo Instituto de Promoción Humana (Inprhu-Somoto). Traballando con esta ONG nicaraguana, integrarase en actividades coma a formación de guías, o ecoalbergue, as feiras artesanais ou as noites culturais. Terá ademais ocasión de supervisar os últimos proxectos de vivenda para a poboación indíxena cofinanciados polo Fondo Galego.

Cristina Vázquez, arquitecta municipal de Soutomaior, e mais Cristina Santos, traballadora da Concellería de Servizos Sociais de Malpica, desprazaranse o vindeiro sábado día 29 a Cabo Verde. A primeira colaborará coa Cámara de Ribeira Grande na elaboración dos plans de desenvolvemento urbano dos núcleos do concello. A segunda incorporarase ao gabinete de apoio á muller da Cámara Municipal de Paúl. Este gabinete encádrase no plan municipal para a igualdade e a equidade de xénero, instrumento elaborado co apoio do Fondo Galego de Cooperación. Cristina Santos participará en obradoiros coas mulleres e mesmo en programas de radio, e visitará tamén outras actuacións subvencionadas pola entidade.

Un total de 23 persoas enviaron este ano a súa candidatura para participar en Vacacións con Traballo, das que resultaron seleccionadas as tres técnicas mencionadas e mais arquitecta Rosa Teira, da Oficina Municipal de Rehabilitación de Monforte, que previsiblemente se desprazará á Santiago de Cuba para colaborar coa Oficina do Conservador. Durante o mes que pasan en terreo, as seleccionadas xestionan un blog que contribúe a sensibilizar sobre as desigualdades Norte-Sur e os valores solidarios, e á volta recollen as súas vivencias nunha publicación. O programa Vacacións con Traballo inclúese no Plan de Sensibilización do Fondo Galego para 2012, que está cofinanciado pola Xunta de Galicia.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>