Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas 'Contos de Caracois' na Biblioteca de Verín
'Contos de Caracois' na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 08 Outubro 2012 11:23

O vindeiro xoves 11 de outubro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'Contos de Caracois' no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.


A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre caracois, así como manualidades da mesma temática, para a que deberán traer dúas cartolinas grandes e un blister de pastillas baleiro de forma redonda -o máis grande posible-.

Para participar nesta iniciativa, que será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín, é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>