Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Apertura do prazo de matriculación de cursos para mulleres desempregadas e activas
Apertura do prazo de matriculación de cursos para mulleres desempregadas e activas PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 27 Agosto 2008 09:05
Desde o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Verín e o Centro de Teleservicios-Aula Multimedia (Cidades Dixitais) infórmase da apertura do prazo de matriculación dos cursos relacionados coas novas tecnoloxías para mulleres desempregadas e activas -en convenio co Instituto da Muller do Ministerio da Igualdade-.
Nestas accións formativas, que darán comezo o día 8 de setembro na Aula Multimedia do Concello de Verín, impartiranse as seguintes materias: Oracle, Visual Basic, Programación Java, Microsoft Office, Windows XP e Internet, Creación de páxinas web, Deseño Gráfico, Deseño Publicitario, Inglés Inicial e Intermedio, Contaplús, Facturaplús e Nominaplús. Devanditos cursos, autoformativos e co apoio dunha monitora de coordinación, son un para un máximo de 12 usuarias por curso; e os horarios son os seguintes: de 10 a 12, de 16 a 18 e de 20 a 22 horas -este último destinado a mulleres traballadoras-.

As inscricións deben realizarse na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín ou no teléfono 988-414776.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>