Francisco Iglesias presenta libro na Biblioteca de Verín |
Martes, 06 Novembro 2012 13:39 |
A Biblioteca Pública Municipal de Verín acolle mañá 7 de novembro, ás 19.30 horas, a presentación do libro Oídos que no escuchan, ojos que no quieren ver de Francisco Iglesias Martínez Despois de regresar do País Vasco a súa aldea natal como xubilado, o autor preséntase no mundo da escrita cun ensaio-crónica sobre a España de Franco e a actual. Na súa ópera prima (Abano Editores, Ourense, 2012), Iglesias Martínez mestura de reflexións e memoria de vida, e móstrase moi crítico co sistema. |