Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Fondo Galego de Cooperación celebra 15 anos de compromiso local coa solidariedade internacional
O Fondo Galego de Cooperación celebra 15 anos de compromiso local coa solidariedade internacional PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 28 Novembro 2012 13:11

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade celebra 15 anos de compromiso cos Dereitos Humanos cun gran evento en Santiago de Compostela este venres día 30. O edificio Cersia, situado en San Lázaro, acollerá a partir das 12.30 horas un acto conducido pola actriz Mariana Carballal. Previamente, desde as 9 da mañá, terán lugar as VII Xornadas de Cooperación: 15 anos comprometéndonos coa solidariedade.


Expertas e expertos de Galicia e internacionais compartirán mesa para analizar a cooperación municipalista no mundo e a situación do sistema galego de cooperación diante da crise, en senllos debates moderados polos xornalistas Tino Santiago e Natalia Puga. Tras un café de comercio xusto, iniciarase a gala de conmemoración do 15º aniversario do Fondo Galego.

No transcurso do evento, entregaranse os premios do concurso fotográfico ‘Imaxes con Fondo’, nas categorías xuvenil e adulta, e presentarase o documental sobre o Fondo Galego de Cooperación elaborado por voluntariado da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso). A compañía A Tropa de Trapo representará tamén o espectáculo ‘Antía, Wamba e o regato pequeno’, que está a xirar polas Deputacións e Concellos socios do Fondo.

O acto, con entrada libre e de balde, deparará aínda outras sorpresas para culminar as actividades conmemorativas que arrincaron en xaneiro coa publicación do libro ‘15 anos de andaina, a rede solidaria do municipalismo galego’. Para confirmar asistencia, prégase contactar coa Secretaría Técnica, que exerce o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi), no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou nos teléfonos 698 156 127 e 698 144 536.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>