Artigo 1.
De conformidade co previsto nos artigos 15.2, 16.2, 63 e 73 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, o tipo de gravame aplicable neste municipio, queda fixado nos termos que se establecen no artigo seguinte.
Artigo 2.
1. O tipo de gravame do Imposto sobre bens inmobles aplicable aos bens de natureza urbana queda fixado no 0,55%.
2. O tipo de gravame do Imposto sobre bens inmobles aplicable aos bens de natureza rústica queda fixado no 0,90%.
3. O tipo de gravame do Imposto sobre bens inmobles aplicable aos bens de natureza especial queda fixado no 0,60%.
Artigo 3.
Gozarán de exención os bens de natureza urbana cuxa cota líquida sexa inferior a 2,40 euros, así como os de natureza rústica, cando, para cada suxeito pasivo, a cota líquida correspondente á totalidade dos seus bens rústicos, situados no termo municipal de Verín sexa inferior a 10,80 euros.
Disposición adicional.
Para todo o non expresamente regulado na presente Ordenanza fiscal, en orde á xestión municipal deste tributo, estarase ao disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Real decreto lexislativo 1/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do catastro inmobialiario, a Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, así como pola restante normativa e demais disposicións complementarias e concordantes ditadas na súa aplicación e desenvolvemento.
Disposición final.
A presente Ordenanza fiscal, entrará en vigor o mesmo día da publicación do seu texto definitivo, integramente, no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresas, e será de aplicación dende o día 1 de xaneiro do ano 2012.
O alcalde O secretario en funcións Juan Manuel Jiménez Morán Antonio Lucas Santos Martínez
DILIXENCIA: póñoa eu, o secretario en funcións, para facer constar que o texto da precedente ordenanza publicouse integramente no BOP de Ourense número 280 de data 13.12.2011.
O secretario en funcións Antonio Lucas Santos Martínez
|