Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Actuacións musicais e animación infantil en Verín
Actuacións musicais e animación infantil en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 21 Decembro 2012 14:10

A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá 22 de decembro, a partir das 12 horas, o tradicional concerto de Nadal do Conservatorio Elemental de Música de Verín, con repertorio clásico e de Nadal.

Neste concerto os alumnos e alumnas interpretarán temas como El noi de la Mare, The Miller of the Dee, Rondó, Jingle Bells, Campana sobre Campana, Para Elisa, Scherzo, Los gladiadores, Aura Lee, Badinage, Gavotte, Mèlodie, Berceuse ou March, entre outros.

Unhas composicións de autores como Piotr Ilich Tchaikovsky, Joseph Küffner, Zenemij Nömar, Ludwig van Beethoven, Georg Friedrich Händel, Fryderyk Franciszek Chopin, Marc-Antoine Charpentier, Wolfgang Amadeus Mozart, George R. Poulton, Robert Schumann ou Karl Czerny.

Tamén na xornada de mañá, pero ás 16 horas, terá lugar unha actuación do grupo instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín na Residencia de Anciáns Santa María. Mentres que o domingo 23, ás 10 horas, será o turno, no mesmo sitio, para o Coral de Verín. Na actividade musical do día 22, que se celebrará na Residencia de Anciás Santa María, tres concelleiros infantís (elixidos no último Pleno Infantil de Verín) entregarán postais solidarias interxeracionais, elaboradas por alumnos/as de centros educativos da comarca, ás persoas maiores residentes. Estes tres menores, que representarán a toda infancia de Verín, serán Arancha Merodio (6º Primaria do Colexio María Inmaculada), Abel Lorenzo (6º Primaria do CEIP Amaro Refojo) e Cristian Rodríguez (1º ESO do Colexio Apostólico Mercedario).

Por outra banda, a praza da Merced de Verín acollerá mañá (de 11 a 13 e de 17 a 20 horas), actividades de animación na rúa a través da realización de inchables e xogos populares como ra, chave, tres en raia xigante, carreira de sacos ou de zancos, entre outros. E o domingo, no mesmo horario que o sábado, na praza García Barbón terán lugar obradoiros interactivos e deportivos para os/as nenos/as e inchables. Todo co obxecto de promocionar económicamente o comercio tradicional na localidade e proporcionar aos/ás nenos/as un espazo de lecer mentres os seus proxenitores realizan as súas compras de Nadal.

Con todo, ata o 5 de xaneiro a Casa do Escudo de Verín acolle a exposición 'Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia', que amosa misterios e representacións do Nadal de diversas culturas do mundo, así como coleccións de selos con temática natalicia na Casa do Escudo. Está organizado polo Colexio María Inmaculada, o Concello de Verín e a Asociación Filatélica, Vitolfílica e Numismática “Miño” de Ourense; coa colaboración da Delegación de Misións de Ourense, do Museo Municipal de Ourense, do Museo Arqueolóxico de Ourense e do Liceo Recreo Ourensán. A mostra pódese visitar de luns a sábado, de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>