Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Caravana infantil percorre as rúas de Verín
A Caravana infantil percorre as rúas de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 27 Decembro 2012 12:31

Mañá venres 28 de decembro, desde ás 16 horas, as rúas de Verín acollerán a realización dunha caravana infantil, organizada polo Concello de Verín, Eurocidade Chaves-Verín e AEVER (Asociación de Empresarios de Verín).

Esta iniciativa, que complementa ás actividades de animación nas rúas realizadas o pasado fin de semana, ten por obxectivo promocionar económicamente o comercio tradicional na localidade e proporcionar aos/ás nenos/as un espazo de lecer mentres os seus proxenitores realizan as súas compras de Nadal. Por este motivo, varios personaxes de debuxos animados como Bob Esponja, Bart Simpson, Pato Donald ou Minnie percorrerán as diferentes rúas comerciais da localidade, non só co fin de que os pais e nais efectúen as súas compras mentres os menores xogan, senón tamén para outorgar un espírito de Nadal, a través de música e cor, o centro histórico de Verín (se hai inclemencias meteorolóxicas esta actividade terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes). .

Con todo, e dentro da programación de Nadal, ata o vindeiro 5 de xaneiro, estará en funcionamento a quinta edición de Ludonadal', unha ludoteca destinada a estas datas e dirixida a nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos, e organizada polo Concello de Verín e Aever. A mesma ten lugar no centro infantil do CEIP Amaro Refojo de luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, e os sábados de 10 a 14 horas. E ara poder acceder a esta actividade será necesario entregar un vale, selado pola empresa correspondente, xunto co ticket da compra, á hora de recoller ao menor, e que xustifique a realización de compras nalgún dos establecementos integrados en AEVER -existindo un límite mínimo de 20 euros (nun só ticket o en varios que sumen este total) e unha penalización de 10 euros no caso de non achegar o ticket e vale-.

Por outra banda, e tamén ata o 5 de xaneiro a Casa do Escudo de Verín acolle a exposición 'Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia', que amosa misterios e representacións do Nadal de diversas culturas do mundo, así como coleccións de selos con temática natalicia na Casa do Escudo. Está organizado polo Colexio María Inmaculada, o Concello de Verín e a Asociación Filatélica, Vitolfílica e Numismática “Miño” de Ourense; coa colaboración da Delegación de Misións de Ourense, do Museo Municipal de Ourense, do Museo Arqueolóxico de Ourense e do Liceo Recreo Ourensán. A mostra pódese visitar de luns a sábado, de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>