Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas Segunda edición do programa de Termalismo Saudable 2013
Segunda edición do programa de Termalismo Saudable 2013 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 08 Xullo 2013 13:07

Desde o departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Verín, infórmase que ata o 30 de setembro está aberto o prazo de inscrición para participar na seguna edición do programa Termalismo Saudable 2013, da Deputación de Ourense.

Poderán ser beneficiarios/as deste programa as persoas físicas que reúnan os seguintes requisitos:
- Ter cumprido cando menos cincuenta anos de idade na data da formulación da solicitude.
- Estar empadroado nalgún municipio da provincia de Ourense.
- Non padecer enfermidade nin alteración ou contraindicación médica que dificulte ou impida a normal convivencia nos balnearios.
- Ser persoa válida para as actividades da vida diaria  (os/as acompañantes poderán ser beneficiarios aínda que non reúnan os requisitos  anteriores).

O programa de Termalismo Saudable 2013 ten dúas modalidades:
- Programa A- Estancia en Balnearios, que inclúe: duración de 6 días con 5 noites de estancias, pensión completa con bebidas incluídas, dez técnicas de balnearios, animación sociocultural e recoñecemento médico voluntario á chegada.
- Programa B- Tratamento Balneario, que inclúe: duración de 5 días de tratamento e 10 técnicas de balnearios.

A documentación a adxuntar é a seguinte:
- Copia do DNI do solicitante e, se é o caso, do acompañante
- Certificado ou volante de empadroamento do solicitante principal
- Copia do DNI do representante ou autorización para a formulación da solicitude.

Para máis información e presentación de solicitudes deben dirixirse ao departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Verín (Área de Maiores), situado na Casa da Xuventude (Avda. de Portugal, 11),  no teléfono 988-414776 ou a través da plataforma informática  http://termalismo.depourense.es.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>