Os alcaldes de Verín e Vilardevós, Juan Manuel Jiménez e Manuel Cardoso, presentaron esta mañá a posta en funcinonamento dunha 'Unidade de condutas aditivas', unha iniciativa impulsada desde os dous municipios co obxecto de fomentar o estilo de vida saudable, no marco do programa de prevención da drogodependencia e outras condutas adictivas no eido local, que conta co apoio da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Esta iniciativa nace a través do profundo compromiso das dúas institucións, Concello de Verín e Vilardevós, na loita contra a drogadicción e, en xeral, contra todo tipo de condutas aditivas, que constitúen, sen lugar a dúbidas unha limitación no ámbito de liberdade das persoas e unha forma de hipotecar o futuro dos/as nosos/as mozos/as. Este proxecto común tamén busca promover o desenvolvemento de competencias ligadas a factores protectores, nos ámbitos das habilidades sociais e cognitivas, para o autocuidado e a busca dunha vida saudable.
A 'Unidade de Condutas Aditivas' está situada fisicamente na planta baixa da Casa da Xuventude de Verín (Avenida de Portugal, 11 bis), e entre as actuacións e funcións que farán efectivo o seu funcionamento están as seguintes: - Atender e canalizar as demandas de información, asesoramento e formación en relación coas drogas no seu ámbito territorial de actuación. - Prevención da drogodependencia nos diferentes ámbitos de intervención: educativo, familiar, xuvenil, laboral, poboacións vulnerables, programas en clave de xénero e outras actividades transversais de información-sensibilización; así como formación de mediadores/as sociais e sanitarios/as. - Mecanizar todos os programas preventivos realizados así como cada unha das variables que conforman o Sistema de Información da Consellería de Sanidade na área da prevención das drogodependencias, a través da aplicación informática XESAPI (Xestión do Sistema de Avaliación de Programas de Prevención). - Constituír un nexo de unión e de coordinación coas distintas entidades que potencialmente podan estar implicadas no proxecto, no ámbito do seu territorio de actuación, tales como centros escolares, sociais, sanitarios, entidades veciñais e de todo tipo, e a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. - Difundir na sociedade, a través dos medios de comunicación e información, as estratexias preventivas que se están a realizar no seu territorio. - Detectar, no seu ámbito, posibles incumprimentos da normativa sobre promoción, publicidade, venda e consumo de bebidas alcohólicas e tabaco. - Atender as indicacións da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, asentadas nos principios e directrices do Plan de Trastornos Adictivos da Xunta de Galicia 2011-2016, en materia de prevención e, en concreto, no que poda afectar á realización conxunta de proxectos piloto en materia de innovación e xestión da saúde pública. - Elaborar os informes que permitan o correcto seguemento e evaluación dos proxectos, segundo os procedementos de seguimento e avaliacións intermedias, que determine a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. - Desenvolver campañas e actos de sensibilización social sobre as consecuencias negativas do uso e abuso de drogas e outras adicións sociais e condutas relacionadas, e na elaboración de guías e materiais de sensibilización social nos ámbitos escolar, familiar, xuvenil e laboral.
A finalidade do programa consiste en previr as conductas adictivas nos sectores máis fráxiles da sociedade, especialmente no ámbito xuvenil, para que os/as nosos/as mozos/as podan ter unha educación sólida, que garanta o seu futuro e, por consecuencia, o futuro da nosa sociedade.
|