Nova actividade lúdico-cultural para os/as nenos/as de Verín |
Mércores, 15 Abril 2009 12:32 |
Os departamentos de Educación Familiar, Biblioteca Pública Municipal e o servizo de Deportes do Concello de Verín, en colaboración con Expourense, Clube Ourense Baloncesto e a Dirección Xeral de Saúde Pública, organizan, para o próximo 24 de abril, a seguinte actividade de carácter lúdico-cultural: unha visita a Expourense e a asistencia ao partido de baloncesto entre o COB e o Club Palencia Baloncesto. Os/as nenos/as interesados en participar, con idades comprendidas entre os 8 e 14 anos, deben inscribirse na Biblioteca Municipal ata o próximo 23 de abril -as prazas son limitadas-. Ademais, os asistentes poderán optar ao sorteo dun agasallo, previa entrega dunha redacción sobre a actividade, que será publicada con posterioridade na páxina web da Biblioteca Pública. |
Casa da Xuventude de Verín Avda. de Portugal, 11 bis |
Horario: de Luns a Venres de 9:00 a 14:00 |
Tlno. 988.41.47.76 Liñas de Móbil 608.52.01.97 608.52.01.98 Fax 988.41.22.59 |
Programa de Educación Familiar |
Teléfono da Infancia |
900.333.666 |
Servizo do Menor |
988.38.66.21 |
Gabinete de Orientación Familiar |
988.38.61.28 |