Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Contacontos, manualidades e videoconferencias no Día Mundial do Libro
Contacontos, manualidades e videoconferencias no Día Mundial do Libro PDF Imprimir Correo-e
Martes, 21 Abril 2009 11:54
Con motivo do Día Mundial do Libro, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza un ciclo de actividades lúdico-culturais, que se iniciou a semana pasada cunhas xornadas para os/as alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei e conclúe, este venres, cunha visita a Expourense e a asistencia ao partido de baloncesto entre o COB e o Club Palencia Baloncesto.

Na xornada de mañá, 22 de abril, ás 18.30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura terá lugar a videoconferencia ‘O río dos Gafos de Pontevedra, flora e fauna dun río galego’, de Gonzalo Sancho, presidente da Asociación Vaipolorío de Pontevedra. Nesta mesma actividade participarán membros de diferentes asociacións da comarca de Monterrei, como Cultural do Camiño, para analizar as diferentes especies botánicas e fauna existente nos ríos galegos.

O día 23 de abril, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Municipal acollerá a realización de contacontos, obras de teatro e manualidades para nenos/as, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos.
 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID Definitivo

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>