Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
A Eurocidade Chaves-Verín convoca un novo curso de formación de lingua portuguesa PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 22 Abril 2009 08:38
Debido ao elevado número de persoas que quedaron en lista de espera na anterior edición, a Eurocidade Chaves-Verín convoca novamente un curso de portugués básico de 2 meses de duración, a iniciar no vindeiro mes de maio. Este curso impartirase os martes e xoves en horario de tarde-noite, habendo unha primeira reunión informativa o 28 de abril, no salón de actos da Casa da Cultura ás 20.30 horas, onde se marcarán os horarios que mellor se adapten ás necesidades dos interesados.

O curso é completamente gratuíto, e as inscricións poderán realizarse ata o 28 de abril, por teléfono no 988-410000, ou no Gabinete de Apoio Técnico á Eurocidade, situado no segundo piso da Casa do Concello, en horario de 9 a 14 horas. O número de prazas é limitado, polo que a prioridade será, primeiramente, para aquelas persoas que quedaron en lista de espera na convocatoria anterior, e a continuación, aquelas persoas que se inscriban para a actual edición, por rigorosa orde de inscrición.

Este curso de iniciación á lingua portuguesa pretende favorecer o achegamento entre as dúas poboacións da Eurocidade, proporcionando os recursos lingüísticos e culturais necesarios para unha comunicación fluída entre os eurocidadáns.

En breve, e tamén dentro do ámbito da Eurocidade, serán convocados cursos de perfeccionamento de lingua portuguesa, de modo que os alumnos asistentes aos cursos de iniciación poidan perfeccionar os seus coñecementos na lingua veciña.
 
?>