A Escola de Familia Municipal do Concello de Verín organiza, xunto con UNICEF España, a cuarta edición da ‘Andaina Solidaria en Familia’, que terá lugar o sábado 6 de maio, ás 18:00 horas, destinada a recadar fondos para axudar na construción de pozos de auga en diferentes localidades de Níxer, promover hábitos saudables e gozar da contorna natural da comarca.
Esta iniciativa está destinada á toda a poboación en xeral e pensada para que participe toda a familia. Non hai límite de idade para a participación na andaina, podendo os/as menores completar o percorrido da mesma en carrito. A andaina sairá ás 18.00 horas desde o Pavillón Municipal de Deportes de Verín e finalizará en Tintores, onde se realizarán xogos cooperativos para os/as participantes, e inchables para os/as nenos/as.
A retirada de dorsal terá lugar o propio día 6 de maio, ás 18 horas, na Alameda de Verín. O custe simbólico do mesmo será de 1 euro para os adultos e de 0,50 para os/as nenos/as-os/as, co que tamén se inclúe avituallamento-. Todo o recadado estará destinado, de modo íntegro, para a campaña de mobilización escolar en apoio ao programa de supervivencia infantil que UNICEF desenvolve en Níxer denominado ‘Gotas para Níxer’. Devandito programa ten coma obxectivos principais promover o acceso a auga potable e a un saneamento axeitado do 60% da poboación, erradicar a poliomielite e eliminar as tétanos maternas e neonatais, elevar ata un 40% o número de partos atendidos por persoal cualificado e reducir o índice de desnutrición crónica infantil por debaixo do 25%.
Para participar na ‘IV Andaina Solidaria en Familia’, é necesario formalizar inscrición previa no departamento de Educación Familiar en horario de mañá (Casa da Xuventude, Avenida de Portugal, 11 bis, no correo electrónico
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou teléfono 988-414776) ou na sé da Escola de Familia (antigo Lavadoiro, teléfono 988-411468).
|