Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Concurso de narrativa da Biblioteca Pública Municipal
Concurso de narrativa da Biblioteca Pública Municipal PDF Imprimir Correo-e
Venres, 22 Maio 2009 14:45
A Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza un Concurso de Narrativa, co fin de fomentar a escritura es os valores culturais e deportivos entre os/as nenos/as da comarca.  Neste concurso poderán participar todos os/as usuarios/as que o desexen, matriculados en centros docentes da comarca de Verín ou do municipio de Chaves, con idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos.
 
O relato debe ser orixinal e inédito, comprender a seguinte temática : A Biblioteca de Verín e o fomento de valores como a cultura e o deporte, e ten que presentarse en letra manuscrita lexíbel; a súa extensión non superará, en ningún caso, 4 DIN A4 escritos por unha cara.

Cada traballo debe ir asinado cun lema, no interior dun sobre á parte, que presentará co mesmo lema que asine o traballo, informará o/a autor/a do seu nome, apelidos, curso, centro, enderezo e teléfono, de telo. Para verificar que a súa idade está comprendida entre 10 e 14 anos, dentro do mesmo sobre introducirá unha fotocopia do DNI. O traballo enviarase ou entregarase no Rexistro de Entrada da Casa do Concello de Verín (Praza do Concello, 1, 32600 Verín), antes das 12 horas do día 19 de xuño.

 
O proceso de selección dos traballos, no que cada participante só pode presentar un traballo, realizarao a Biblioteca Pública Municipal de Verín, convocando un xurado con membros externos ou co seu propio persoal. O número de traballos selecciónados farase en función do número de obsequios doados polas entidades deportivas participantes. Os premios consistirán en sortear entre todas e todos os participantes seleccionados obsequios de material deportivo doados por diversos clubs de baloncesto e de fútbol (Primeira, Segunda,Segunda B, Terceira División e Rexional Preferente).

Na realización desta actividade, promovida polo Concello de Verín, participaron numerosos clubes de baloncesto -Club Ourense Baloncesto- e fútbol -como por exemplo, R.C. Celta de Vigo, R.C. Deportivo de La Coruña  (a través da peña ‘Pablo Amo’ de Verín), Lugo C.F., Racing Club de Ferrol, Verín C.F., Monterrey C.F, Pontevedra C.F, Sevilla C.F., Barcelona C.F. e C.A. Osasuna-, grazas a colaboración da Federación Española de Fútbol.
 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>