Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín pretende a declaración de Municipio Turístico'
O Concello de Verín pretende a declaración de Municipio Turístico' PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 11 Xuño 2008 09:31

O Concello de Verín iniciou os trámites para solicitar a declaración da localidade como “Municipio Turístico”. Para conseguir esta declaración, un dos requisitos fundamentais é posuír as cifras totais dos turistas que visitan o municipio. Por este motivo, desde o ente municipal elaborouse unha enquisa de destino, para distribuír entre hostaleiros e restauradores, e que debe ser cuberta polos seus clientes e, posteriormente, reenviada á Oficina de Turismo -Casa do Escudo-.

Devanditas enquisas, anónimas respecto da súa identidade e ao local visitado, ofrecerán datos referentes ao turista e ás características deste. Ademais, estes cuestionarios realizados en tempada alta -xuño, xullo, agosto e setembro-, Entroido e Semana Santa permitirán coñecer aos nosos visitantes e promover un mellor servizo.

 

Esta iniciativa, xunto con outras que se están realizando desde o Concello de Verín, como son a solicitude da declaración do Entroido como Festa de Interese Turístico Nacional, premios gastronómicos, certificación de calidade na Oficina de Turismo ou accións promocionais diversas teñen como obxectivo conseguir unha imaxe de Verín como destino turístico, tanto no público en xeral como en inversores potenciais.

Desde o Concello agradécese a colaboración dos empresarios do sector nesta iniciativa.

 

 
EBC


Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>