Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Aberto o prazo de inscrición para os expositores da Feira Agro+Verín do Lázaro 2020
Aberto o prazo de inscrición para os expositores da Feira Agro+Verín do Lázaro 2020 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 20 Febreiro 2020 09:59

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para os expositores da Feira Agro+Verín do Lázaro, que terá lugar os días 28 e 29 de marzo no Pavillón de Deportes de Verín (Rúa Irmáns Moreno, s/n) – 32600 Verín (Ourense). Todas as candidaturas deberán ser formalizadas antes do 6 de marzo de 2020.


Horario de Funcionamento:

Sábado e domigo,  28 e 29 de marzo en horario de 10:00 a 14.00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Peche do recinto feiral ao mediodía de 14:00 a 16:00 horas.

 

Candidaturas:

As candidaturas deberán ser formalizadas antes do 6 de marzo de 2020

A Folla de Inscrición e os xustificantes bancarios entregaranse por un dos seguintes medios:

 

a) Na Oficina do CDR Portas Abertas, na Rúa Mariano Carrero, nº 10, en Verín.

b) Por correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

As inscricións que se queiran realizar e estean fóra de prazo deberán ser consultadas previamente coa organización para revisar a dispoñibilidade dos stands.

Por motivos de protección de datos de carácter persoal infórmase  aos participantes que coa súa asina na folla de inscrición, os seus datos serán incorporados a un Rexistro de Actividades de Tratamento de Xestión Municipal do Programas de Promoción Económica, o tratamento dos seus datos farémolo co único fin de xestionar o devandito servizo, si desexa acadar máis información do tratamento de datos, pode consultar http://verin.sedelectronica.gal/privacy.0 Vde. tamén ten dereito, a: obter confirmación de se estamos tratando os seus datos persoais, o dereito de acceso, a rectificar e suprimir os datos, solicitar a portabilidade dos mesmos, a opoñerse o seu tratamento e solicitar limitacións deste, para isto pode dirixir solicitude a este Responsable de Tratamento no seguinte enderezo: Praza. do Concello, 1 VERÍN (32600) (Ourense), tamén por vía mail  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . As solicitudes deberán dirixirse a Delegada de Protección Datos, facendo referencia ao dereito que pretende exercer e achegando copia do seu DNI/NIF ou documento que o/a identifique.

A organización poderá rexeitar as candidaturas que non se atopen no ámbito do evento.

A candidatura só será efectiva unha vez, que se realice o pagamento tras a inscrición previa, nun prazo máximo de cinco días hábiles. Deberase enviar o xustificante de pagamento á organización (entregando fisicamente na oficina do CDR Portas Abertas ou enviándoo por correo electrónico).

 

Valor da participación:

 

Aluguer de stands (medidas únicas de 3x3m) 9m2 de espazo: 70 €

Aluguer de Mobiliario (opcional)

 

Mesa con 2 cadeiras                                                             30 €

Estante con andeis (medidas: 1x2,50x0,50)                           35 €

Mostrador (medidas: 1x1x0,50)                                            35 €

 

Formas de Pagamento:

 

-      En efectivo (ingreso na sección de Tesourería do Concello de Verín – planta baixa)

-      Transferencia bancaria: nº de conta   ES70-0081-2224-97-0001005508 (BANCO SABADELL)

Importante indicar no CONCEPTO: AGRO + VERÍN 2019 e o Nome do Participante ou Stand

Distribución e Normas nos Stands

A asignación e localización dos stands son responsabilidade da organización, en función do sector da actividade e dos produtos das candidaturas seleccionadas, tipo de expositores e dispoñibilidade de espazos; e terán prioridade por orde de entrada da solicitude e pagamento efectivo.

 

A montaxe e  decoración dos stands deberán ser realizadas ata ás 9:30 do sábado día 6 de abril. A desmontaxe deberá ser realizado a máis tardar o luns día 8 de abril ás 11:00 horas.

A decoración, limpeza e seguridade dos stands é responsabilidade dos/das ocupantes.

 

Está prohibido expor materiais fóra dos espazos respectivos do propio stand, así coma calquera tipo de publicidade. Evitando entorpecer os corredores, debendo quedar libres en todo momento para non impedir a circulación libre dos/das visitantes.

 

A carga e descarga da mercadoría exposta nos stands deberá realizarse nas primeiras horas de apertura do pavillón e/ou últimas horas para evitar ocasionar molestias aos/ás visitantes nos corredores.

 

A reposición de mercadoría, durante o horario de funcionamento do evento, deberá ser comunicada a organización para a correspondente autorización.

 

É obrigatoria a presenza dunha persoa no respectivo stand, 15 minutos antes da hora de apertura e ata a hora de peche.

 

O/A participante non pode ceder a calquera título, oneroso ou gratuíto, o seu dereito de ocupación do stand.

 

As paredes dos stands son en melanina branca, polo cal está prohibido perforar as mesmas.

 

Os Produtos

 

O acondicionamento e o envoltorio dos produtos deberán ser realizados en embalaxes adecuados, limpos e de material inocuo.

 

Os expositores son responsables da calidade do produto vendido.

 

Nesta edición realizaranse dúas cestas de produtos doados voluntariamente polos expositores para sortear entre o público que merque nos stands da feira e así fomentar a venta de produtos, polo que vos agradeceremos a todos e todas a vosa contribución.

Consideracións Finais

Os/As participantes quedan obrigados/as a cumprir as normas de carga e descarga e limitacións de aparcamento que sexan definidas pola organización.

 

A sinatura da folla de inscrición implica a aceptación de tódalas cláusulas destas condicións de participación.

 

A organización non se responsabiliza dos danos ou desaparición de obxectos dos stands durante o horario de funcionamento do evento.

 

A cancelación da participación por parte do expositor deberá ser presentada por escrito a organización solicitando a posibilidade de devolución do importe satisfeito.

 

A organización declina calquera responsabilidade ante o incumprimento das condicións de participación e se reserva o dereito de tomar as medidas oportunas en caso de incumprimento dalgunha das condicións de participación.

 

Datos de Contacto da organización do evento:

Para calquera aclaración adicional e información poderán contactar en:

 

CDR PORTAS ABERTAS

R/ Mariano Carrero, nº 23, Verín

Tlf. 988989508 – 988417232

e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Persoa de contacto: Beatriz Fdez. Núñez


DESCARGA AQUÍ A FOLLA DE INSCRICIÓN

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>