Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín restaura unha da caretas máis antigas das que foron patroneadas gran parte das figuras do entroido ourensán.
O Concello de Verín restaura unha da caretas máis antigas das que foron patroneadas gran parte das figuras do entroido ourensán. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 20 Febreiro 2020 14:29
Con motivo do comezo da semana grande do Entroido en Verín, o Museo Claustro Mercedario adiante a publicación da súa Peza do Mes de marzo para achegar ao público a historia dun elemento clave no traxe do cigarrón, a súa careta.
Esta elección coincide con dúas cesións de pezas ao pobo de Verín: por un lado, unha careta de cigarrón contemporánea cedida por Juan Castro e, doutra banda, unha antiga careta, cedida por Domingos Coello Álvarez, provinte da Xironda e da que se patronearon ao longo do século XX gran parte das caretas do val de Monterrei, incluíndo cigarróns de Verín, peliqueiros de Laza e mesmo os felos de Maceda.

O Museo e o Concello de Verín asume a súa restauración durante esta cesión e as mostrará, como é habitual coas súas Pezas do Mes, ilustrándoas cun folleto interpretativo e outorgándolles un lugar privilexiado na sala de exposicións durante este mes de marzo. Aqueles que se acheguen ata a mostra poderán observar, de primeira man, as diferenzas e similitudes nestas pezas que son unha auténtica testemuña de todo un século de evolución.

O cigarrón é a figura central do entroido de Verín, símbolo directo do ciclo carnavalesco, pero tamén obxecto de respecto e veneración. De orixe remota, posiblemente proveña da confluencia de varias figuras míticas do entroido pagán europeo, mesturadas con elementos propios do Val de Monterrei. Xa no século XIII, o rei Afonso X “O Sabio” menciona nas Sete Partidas aos “çaharrones”, e moitas comarcas peninsulares manteñen figuras entroideiras e transgresoras como zaharróns, guirrios ou írrios, procedentes posiblemente da mesma raíz. A nosa figura de Monterrei elévase cun matiz de elegancia e sacralidade, e o cigarrón diversifícase con lixeiras variantes noutras zonas da comarca, como o peliqueiro (Laza) ou o chocallón (Vilardevós), ou mesmo de fóra dela, como os felos de Maceda.
O cigarrón non é, polo tanto, unha figura estática, senón que evoluciona tanto no espazo coma no tempo. Pese a que as distintas interpretacións locais teñen orixinado moitas variantes -envoltas en certa espiral de rivalidade- a progresión dos deseños das caretas dende as máis antigas con motivos florais ou paisaxes, ata a moderna tipoloxía figurativa con animais, demostra que se trata dunha figura en cambio dinámico
A CARETA
Como figura única con moitas expresións, o seu elemento principal é a careta. A evolución na decoración da mitra pasou ao longo do tempo de simples motivos florais a outros astrais- sol, lúa, estrelas- ou paisaxísticos, ata chegar ás actuais tendencias de representación de animais totémicos.
Por outra banda, como se pode apreciar na mázcara ou careta arcaica da Xironda (primeiro cuarto do século XX) propiedade dende hai décadas da familia de Domingos Coello Álvarez, as paisaxes románticas de inspiración pictórica eran unhas das correntes dominantes no entorno do 1900. Tamén calquera outra ilustración á que tiñan acceso os artistas, incluíndo os anuncios dos transatlánticos da emigración ou mesmo das ilustracións das caixas de mistos da fosforera española.



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>