Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín suspende as festividades do Lázaro para previr posibles contaxios por Coronavirus COVID-19
O Concello de Verín suspende as festividades do Lázaro para previr posibles contaxios por Coronavirus COVID-19 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 11 Marzo 2020 15:43

O grupo de goberno municipal  -reunido de xeito extraordinario- ven de acordar, co obxectivo prioritario de protexer a saúde da cidadanía, a cancelación das actividades programadas no marco das festas patronais do Lázaro (evento que ten unha prevista afluencia de público que supera as 1000 persoas) para evitar así a posible transmisión do coronavirous/COVID-19 entre a poboación.

A proximidade da fronteira con norte de Portugal, así como as particularidades na  pirámide demográfica da nosa comarca -cun trinta e tres por cento de poboación que supera os 60 anos- motivaron a decisión unánime do goberno de pospoñer as celebracións centrais do Lázaro e os eventos deportivos asociados ao mesmo, así como as feiras ordinarias, as III Xornadas de Novela Histórica, e o II Torneo de Debate,  para contribuír a non propagación do mencionado virus entre a poboación.


O alcalde en funcións, Diego Lourenzo Moura, quixo lanzar unha mensaxe de calma e  recalcou que “a decisión deste grupo de goberno tomouse sempre seguindo as recomendacións emitidas pola Consellería de Sanidade en materia de prevención de posibles contaxios e contención da propagación do coronavirus/COVID-19, necesarias para a vixilancia e control en materia de saúde pública. Así mesmo,  esta medida foi comunicada tamén a xefa territorial de Sanidade de Ourense así como o grupo da oposición municipal.



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>