Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín reforza os servizos de limpeza contra o Covid-19
Verín reforza os servizos de limpeza contra o Covid-19 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 24 Marzo 2020 15:57

Desde a entrada en vigor do estado de alerta sanitaria, o Concello Verín leva a cabo unha campaña intensiva de limpeza e desinfección diaria das súas rúas, dando prioridade ás zonas máis sensibles e con maior tránsito para evitar a propagación do coronavirus  Covid-19.


Este plan especial de limpeza, implementado pola Comisión de Seguimento do Covid-19 do  Concello de Verín, está a ser executado polos operarios municipais, encargados de limpar e  desinfectar as rúas. Preténdese co mesmo minimizar o dano que poida ocasionar a presenza do virus na vía pública.

Tamén participa no plan de limpeza a empresa  DDDverín Control de Pragas que realiza un servizo especifico encargado de  desinfectar periodicamente con mochilas  pulverizadoras os edificios municipais, as residencias de maiores, o Hospital, o Centro de Saúde, os supermercados, as farmacias e os bancos.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>