Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Museo Claustro Mercedario compartirá parte das súas pezas en Facebook buscando xerar unha base de datos que recolla a nomenclatura local destes obxectos.
O Museo Claustro Mercedario compartirá parte das súas pezas en Facebook buscando xerar unha base de datos que recolla a nomenclatura local destes obxectos. PDF Imprimir Correo-e
Venres, 03 Abril 2020 11:18

O Museo Claustro Mercedario de Verín continúa coa súa actividade cultural a través das redes sociais grazas a unha iniciativa que busca fomentar a participación de veciños e veciñas para crear pequenos foros de debate sobre diferentes pezas das que compoñen a súa exposición “A Lareira”.

A través da súa páxina de Facebook, o Museo de Verín realizará unha serie de publicacións nas que se presentarán diferentes pezas que se poden atopar na exposición do museo. Ditas publicacións achegarannos á historia de cada utensilio, á vez que fomentará a participación dos usuarios para que compartan, a través dos seus comentarios, dende o nome que recibía cada obxecto na súa localidade de orixe como calquera anécdota que desexen dar a coñecer.

O Museo de Verín, que actualmente permanece pechado por mor da situación de alarma que está a vivir o país, procura manter deste modo a continuidade da súa actividade a través dunha iniciativa que fomenta a participación cidadá co fin de conseguir unha base de datos que recolla a nomenclatura local das distintas pezas que forman a súa exposición “A Lareira”. Un xeito de continuar coa cultura nestes días e un intento de involucrar aos veciños na divulgación do noso patrimonio.

Cada luns, entre os usuarios que comentaran a semana anterior algunha destas publicacións aportando algún dato sobre as pezas, o Museo de Verín sorteará exemplares do libro “Historia de Verín en 100 obxectos”, que foi editado no ano 2019 polo Concello de Verín. Dito libro busca contar, dunha maneira diferente, a longa historia común e as particularidades dos oito concellos que forman a comarca de Monterrei a través de 100 obxectos que definen a súa identidade cultural.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>