Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín doara “íntegra” a partida orzamentaria destinada a festividade dos Maios á investigación da vacina contra o COVID-19
Verín doara “íntegra” a partida orzamentaria destinada a festividade dos Maios á investigación da vacina contra o COVID-19 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 15 Abril 2020 13:10

A concellería de  Festexos do Concello de Verín celebrará a festa dos Maios, mantendo a elaboración das tradicionais coplas pero adaptadas e optimizadas para a súa lectura e difusión a través de internet e dispositivos móbiles. Ao non ser posible a venda das coplas e a recadación de fondos solidarios para as asociacións participantes, así como a elaboración dos Maios Florais, debido ás restricións derivadas do actual estado de alarma, o ente municipal  decdidiu doar,  integramente, a  cantidade  orzamentada para devanditos festexos  á investigación da vacina contra o COVID-19.

Enrique Gómez Pato, que retomou na década dos cincuenta do século pasado a tradición dos Maios en Verín, promoveu, durante anos, funcións teatrais en beneficio do Asilo de Verín. Se hoxe estivera entre nós, aplaudiría que o certame que anualmente convoca o Concello de Verín para manter esta manifestación da nosa cultura popular teña como obxectivo este ano recadar fondos solidarios destinados a colabora coa investigación da vacina para o COVID-19.

Para esta finalidade, á que o Concello de Verín doará, integramente, a cantidade orzamentada para a Festa dos Maios do 2020, pedindo na edición a colaboración das persoas lectoras para o mesmo fin, propónselle a centros de ensino, institucións, asociacións culturais e sociais da comarca de Verín que participaron na Festa dos Maios anos atrás que colaboren coa redacción dunha copla, que se divulgará o día 1 de maio a través das plataformas online oficiais do Concello de Verín.

«Esta crise sanitaria está a facer que moitas persoas, empresas, autónomos e familias non estean a pasar por un bo momento debido á complicada situación socioeconómica provocada pola pandemia. Desde o Concello quixemos aproveitar esta transformación obrigada da festividade dos Maios para crear esta iniciativa solidaria, coa que doaremos íntegra a partida orzamentaria destinada a esta celebración á investigación científica, para tentar chegar canto antes a unha cura definitiva da enfermidade provocada polo coronavirus  SARS-CoV-2»  explicou a  concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza.

Os criterios da colaboración que procuramos son os seguintes:

 

.- Na edición do MAIO SOLIDARIO COA VACINA PARA O CORONAVIRUS-19 (In memoriam ENRIQUE GÓMEZ PATO) poden colaborar centros de ensinoinstitucións, asociacións culturais e sociais da comarca de Verín que participaron na Festa dos Maios anos atrás (2019 ou anteriores).

 

.-  A copla, que elaborará cada un dos colectivos colaboradores, seguirá estas directrices:

 

A.- Para que poida ser perfectamente lexíbel o texto en teléfonos móbiles, tabletas ou ordenadores nun formato de letra que motive a lectura das persoas e para mantermos un deseño harmónico das páxinas, non terá maís de 24 estrofas de catro versos. Se non chega a ese número de estrofas, o mínimo aceptábel é de 16, podendo tamén ter un total de 20 estrofas.

 

B.- Para a estrutura da redacción da copla aconséllase que as estrofas teñan unha continuidade temática, agrupando as que desenvolvan un mesmo tema.

 

C.- O texto enviarase en formato electrónico aberto ao Concello de Verín ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo )  antes das 10 h do día 30 de abril.

 

D.- Cada colectivo redactor responsabilizarase da autoría do texto. O Concello, que non realizará ningunha revisión formal do texto se non é pedida expresamente, aconsella que se coide tanto a estrutura literaria como a corrección idiomática.

 

E.- Das coplas farase unha edición únicaconxunta de todos os colectivos participantes, que se divulgará o día 1 de maio en formato electrónico. Na portada incluirase un numero de conta, animando ás persoas que lean a copla a que, a exemplo do Concello de Verín, fagan doazóns de fondos solidarios coa investigación da vacina para o Coronavirus-19.

 

3ª.- interpretación destes criterios de colaboración, a admisión de colectivos e as decisións sobre calquera extremo non regulamentado son un dereito exclusivo do Concello de Verín.

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>