Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín publicará simultaneamente na súa web e redes sociais as coplas dos "Maios Solidarios"
O Concello de Verín publicará simultaneamente na súa web e redes sociais as coplas dos "Maios Solidarios" PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 29 Abril 2020 00:00

O vindeiro 1 de maio, ás 00:01 horas, publicaremos simultaneamente na nosa web e redes sociais as coplas dos “Maios Solidarios”, adaptadas e optimizadas para a súa lectura e difusión a través de internet e dispositivos móbiles.

Ao non ser posible a venda das coplas e a recadación de fondos solidarios para as asociacións participantes -así como a elaboración dos Maios Florais- debido ás restricións derivadas do actual estado de alarma, este ano o ente municipal doará, integramente, a cantidade orzamentada para devanditos festexos á investigación da vacina contra o COVID-19.

Así mesmo, O Concello anima a facer unha doazón solidaria para o mesmo ?n ao Centro Nacional de Biotecnología (CNB) do Consejo Superior de Investigaciones Cientí?cas (CSIC) ás persoas que poidan e queiran facela.

Hai dúas opcións, en función de se desexan obter o certificado e deducir a doazón ou non.


SEN CERTIFICADO

Doazón de 0 até 1000 €, non deducible, realizando unha transferencia á conta do CSIC

ES07 9000 0001 2002 2000 0047

Indicar no concepto: "Donativo al CNB- CSIC".


CON CERTIFICADO DA DOAZÓN

Doazón de 0€ até 5.000 €, deducible, realizando unha transferencia á conta do CSIC

ES07 9000 0001 2002 2000 0047

Indicar no concepto: "Donativo al CNB-CSIC (inclúe nome e apelidos (ou razón social) + DNI/CIF/NIE)"

O CSIC emitirá un certificado xustificativo da doazón e comunicará os datos a AEAT para que conste como deducible. Se quere recibir o certificado, escriba, identificando o donativo realizado, a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo


Descarga aqui o PDF de MAIOS SOLIDARIOS VERIN 2020

 

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>