Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Unha nave espacial que abduce Verín e os seus edificios máis representativos, idea creativa arredor da que se asenta o cartel ilustrador do FIC Vía XIV 2020
Unha nave espacial que abduce Verín e os seus edificios máis representativos, idea creativa arredor da que se asenta o cartel ilustrador do FIC Vía XIV 2020 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 30 Abril 2020 00:00

A deseñadora Olalla Diéguez Boo é a autora do cartel ilustrador da quinta edición do FIC Vía XIV de Verín, que se celebrará na vila do Támega entre o 5 e o 13 de setembro deste ano. A idea creativa arredor da que se asenta o cartel toma coma eixo temático a ciencia-ficción. Así, a autora presenta unha nave espacial que abduce algúns dos edificios máis representativos de Verín, perfectamente recoñecibles no deseño, coma metáfora do poder da sétima arte, que envolve a vila durante os días que dura o certame.



Segundo a autora do cartel ilustrador, “calquera deseño debe contar unha historia e calquera historia debe ter un protagonista”. Neste sentido, remarca que “eu tiña claro que quería dar protagonismo á vila de Verín”. É por iso que representou no cartel algúns dos edificios máis emblemáticos da localidade como é o caso da casa reitoral.

Normalidade nos preparativos

En canto á organización dos preparativos da quinta edición do certame, o director do FIC Vía XIV, Carlos Montero, destaca que “en principio, estanse a efectuar con relativa normalidade”. A Asociación Cultural Vía XIV traballa pensando que en setembro vai ser posible realizar ofestival e, en todo caso, “calquera decisión final sobre a súa celebración nas datas inicialmente previstas quedaría supeditada a como evolucione a crise sanitaria provocada pola pandemia de coronavirus”.

Sobre a autora do cartel

Olalla Diéguez, nada en 1980, é natural de Matamá (Laza). Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo (1999-2004), está especializada en audiovisual e deseño gráfico, ámbitos nos que desenvolve a súa actividade profesional como freelance. Xunto a isto, traballa de forma interina como grafista na Compañía de Radiotelevisión de Galicia. Non é a primeira vez que Diéguez pon a súa sinatura no deseño dun evento ligado á vila do Támega, pois foi autora do cartel do Entroido de Verín en tres ocasións diferentes.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>