Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín pospón os Certames “Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez” e “Relato Curto Antonio Fernández Pérez”
O Concello de Verín pospón os Certames “Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez” e “Relato Curto Antonio Fernández Pérez” PDF Imprimir Correo-e
Luns, 11 Maio 2020 00:00

O Concello de Verín pospón a celebración dos  certames “Poesía Xosé Carlos  Caneiro Pérez” e “Relato  Curto Antonio Fernández Pérez” programados para o 17 de maio, día das Letras  Galegas, coa finalidade de protexer a seguridade cidadá.

A concelleira de Cultura, Emilia Somoza Basalo, explicou que esta decisión obedece a unha «cuestión de responsabilidade» cara ao conxunto da cidadanía verinesa. «Temos que seguir dando prioridade absoluta á atención da actual emerxencia sanitaria provocada pola pandemia da covid-19. Estes dous eventos, a día de hoxe, non se adaptan a normativa de seguridade correspondente a fase 1 de desescalada».


A área de Cultura do Concello de Verín ten previsto retomar a organización de devanditos eventos a principios do próximo ano lectivo, a condición sempre de que as circunstancias o permitan con total garantía de saúde e seguridade para todas as persoas. Serán os propios centros educativos participantes os que decidan cal será a data que mellor se adapta ás súas axendas de traballo.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>