Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Grumir e Protección Civil de Verín visitaron a máis de medio centenar de nenos e nenas para felicitarlle o cumpreanos
Grumir e Protección Civil de Verín visitaron a máis de medio centenar de nenos e nenas para felicitarlle o cumpreanos PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 21 Maio 2020 11:51

Desde que se decretou o estado de alarma provocado pola COVID-19, os operarios do Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) e os voluntarios da Agrupación de Protección Civil do Concello de Verín visitaron a máis de medio centenar de nenos e nenas para felicitalos polos seus cumpreanos.

A iniciativa púxose en marcha  para  facer máis levadío o illamento dos máis pequenos da casa (dos 3 aos 10 anos) durante a fase máis dura do confinamento, e  finalizou co inicio da fase 1 da  desescalada, que xa permite a saída dos menores.

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, quixo agradecer publicamente o gran traballo que están a realizar durante o estado de alarma estes voluntarios e traballadores municipais quen, «ademais desta iniciativa solidaria están desde o primeiro día do confinamento axudando a quen máis o necesitan cos servizos de aprovisionamento de alimentos e medicinas e de reparto de material escolar;  e velando pola seguridade de todos os nosos veciños, mantendo as rúas da nosa vila limpas e desinfectadas».



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>